Os libreiros lanzan un SOS
/en Librarías/por bretemas
Esta noticia de Galicia hoxe non me pasou desapercibida. A valente denuncia realizada pola Federación de Libreiros de Galicia demostra que, ademais de implementar novas políticas de fomento do libro e da lectura (como é o caso deste convenio asinado pola Consellaría de Cultura e Deporte e o Ministerio de Cultura para a dotación das bibliotecas galegas por medio de compras nas librarías, unha medida tan acertada como necesaria), cómpre tamén xestionalas coa mellor eficiencia. As economías das pequenas librarías galegas teñen marxe de manobra moi reducida, razón pola que se comprende este SOS que os libreiros emitiron onte, onde detectamos un aceno da agre melancolía da derrota.
"Máis libros", o anuncio
/en Lectura, Librarías, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos/por bretemasEntrevista a Xaime Corral
/en Librarías/por bretemasEsta mañá gustei moitas das opinións de Xaime Corral, o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, recollidas nunha entrevista que publica Faro de Vigo, con motivo da celebración dos premios Irmandade do Libro en Sanxenxo, onde acudiremos o vindeiro sábado. Corral, un dos mellores coñecedores do mundo da lectura en Galicia, defende a dimensión cultural da libraría, ao tempo que diagnostica algúns dos principais problemas do sector do libro:
“Lo digo un poco sarcásticamente cuando se habla de que los jóvenes no leen. Me pregunto qué leen nuestros políticos, los jueces, los médicos, los periodistas, y me temo que si lo vemos, nos llevaríamos una sorpresa o un disgusto, ¿los jóvenes no leen pero los médicos, los jueces o los periodistas sí? El mejor consejo es leer y dar ejemplo.”
“El librero es un profesional que además de vender un producto cultural informa, prescribe, habla, en un lugar, la librería, que es un espacio para la convivencia. Hay que potenciar la dimensión cultural del negocio, convertir a la librería en epicentro cultural del barrio y no tardar ni un minuto más en aplicar las nuevas tecnologías.”
“Hay estudios que indican que se producen un millón de ejemplares al día, y estamos ante esa disyuntiva: publicar más o mejor, y mi opinión es que necesitamos entrar en un capítulo sosegado, parar la indigestión de títulos, publicar menos y de mayor calidad.”
Vigo, pechan librarías, abrirá FNAC
/en Librarías/por bretemas
Hoxe na edición de Vigo de La Voz de Galicia aparecen xuntas tres noticias moi significativas: “no pasado ano pecharon en Vigo corenta establecementos nos que se vendían libros“; “a firma de ocio cultural FNAC quere ianugurar a tenda de Vigo en 2009” e “só quedan catro establecementos de venda de música“. Ou noutras palabras, as librarías e tendas do disco son substituídas inexorablemente polas tendas de “ocio, cultura e tecnoloxía”.
Vai quedar algún espazo en Vigo para as librarías independentes de cultura? Quedaremos os lectores, autores e editores sometidos á ditadura dos best sellers e falsos best sellers que inundan a Casa do Libro (cada vez que entro, coma hoxe mesmo, a pesar de mercar algún libro e participar nun acto, saio desacougado e triste, vendo o libro galego arrumbado e cativo) e a futura FNAC? Aceptamos ese destino da libraría como fatal e irreversible (Txetxu alertaba como en Praza das Letras, que aquñi tanto gabamos, as librarías galegas nin sequera son citadas)? Non chegou o tempo de promover unha mobilización cívica en defensa destes espazos especializados en lectura? Algo haberá que facer para defender, aínda que sexa de forma medualiana, un espazo comercial e cultural no que se vende actualmente o 70% do libro en galego?
Librarías con solera
/en Librarías/por bretemas
O suplemento Estela de Faro de Vigo dedica hoxe cinco páxinas a unha longa reportaxe sobre as librarías galegas en funcionamento máis antigas. Así aparecen a Libraría Balmes de Lugo (hoxe a máis antiga do país, fundada en 1887); a Libraría Molist da Coruña (fundada en 1943, dedicada ao libro técnico e literario); a Libraría Cao de Pontevedra (fundada en 1948, especializada en libro de arte e de vello); as librarías Padre Feijoo (1955, dedicada ao libro escolar) e Tanco (1950, de carácter xeralista), as dúas de Ourense; as librarías Vetusta (dedicada ao libro de vello) e Couceiro (1969, especializada en libro galego e de vello), as dúas de Compostela; a Libraría Gráficas Santiago de Ribadeo (fundada en 1963, hoxe moi renovada) e a Libraría Librouro de Vigo (fundada por Antón Patiño e Raimunda Pérez en 1967, libraría xeralista e educativa).
A reportaxe constitúe un percorrido pola historia de todas estas librarías (moitas delas cunha clara tradición de negocio familiar, que pasou de pais a fillos e, mesmo nalgún caso, como o de Molist, a netas), así como unha radiografía dos principais problemas actuais da libraría: inflacción editorial e sistema de préstamo do libro de texto. Unha reportaxe, preparada con mimo polo xornalista J.A. Otero Ricart, que constitúe un referente sobre a situación actual das librarías independentes e familiares en Galicia.
Escaleira libraría
/en Librarías/por bretemasCalendario de Librarías
/en Librarías/por bretemas
Comunicación Cultural dá conta da publicación dun Calendario de Librarías 2008 publicado pola Federación Internacional de Libreiros. As imaxes son bonitas. Non hai libraría española ningunha. Podería ser unha boa idea emular a esta iniciativa entre nós. Hoxe a defensa da libraría independente é un eixo da nova folla de ruta para a lectura galega.
"La Mar de Letras", premio libraría cultural 2007
/en Librarías, Literatura infantil e xuvenil, Premios/por bretemas
Onte participei no xurado do IXº premio Libraría Cultural, organizado por CEGAL. A experiencia foi moi bonita. Entre novas propostas, todas elas moi interesantes, e despois de estudar as sús correspondentes memorias, escollemos (case por unanimidade) o proxecto presentado por “La Mar de Letras“, unha libraría especializada en promoción da lectura e fondo infantil e xuvenil, situada no centro de Madrid. Consultando no web que manteñen (hai moita información) pode coñecerse algunhas das iniciativas que relizan. Especialmente interesante é o premio “Microcrítico”, destinado a promoción da crítica literaria realizada por nenos e nenas. Recomendo emular esta iniciativa.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
O galego, ben da humanidade3 de Abril de 2026 - 8:29 p.m.
Lix primeiro piar da edición galega3 de Abril de 2026 - 7:58 p.m.
Portalén24 de Marzo de 2026 - 5:15 p.m.
Carencias do Celta23 de Marzo de 2026 - 5:07 p.m.
A batalla invisible18 de Marzo de 2026 - 7:45 a.m.













