A lectura en pantallas
/en Edición, Lectura, Literacidade, Vídeos/por bretemasEsta constatación, ademais das súas consecuencias sobre a necesaria alfabetización informacional, non debe levar só aos habituais “consellos de blogueiros” sobre a necesidade de publicar na rede textos breves (ese famoso pantallazo de 200 palabras), xa que o internauta non lería máis, senón á reflexión fulcral que sobre a mesma cuestión propón Txetxu: “non tería máis sentido pensar e investir en novos contidos máis adaptados ao medio y ver logo qué alianzas de significado poden chegar a existir con outras canles e soportes? Se toda a lectura sobre pantallas vai ser zapeada e fráxil, pode adaptarse esta textualidade a calquera tipo de contido ou aqueles que precisan de maior vagar e reflexión? Aí poden estar algunhas das maiores limitacións da literacidade electrónica.
A lectura e a edición (tanto a analóxica como a dixital) requiren acougo, tempo e tranquilidade; requisitos imprescindibles para unha abordaxe tanto crítica como gozosa, como cognitiva (habería que engadir, como ben sinala a anotación de Joaquin Rodríguez) da textualidade. Nun momento de cambio de paradigma e de evolución do sector do libro (na coexistencia ou integración de textualidades e soportes), a clave, como temos sinalado tantas veces, está nas políticas de lectura e na necesidade de formación do criterio lector en ambas as dúas textualidades, a impresa e a electrónica (que requiren estratexias diferentes).
Nesta intervención de Txetxu (oito minutos) nas xornadas sobre “Ler en pantallas” poden estar outras claves prospectivas sobre o futuro dunha edición racional e sostible (sobre todo o novo proceso multimodal de creación e lectura sobre os contidos).
Ler debería ser prohibido
/en Lectura, Vídeos/por bretemasVía: Hora de ler.
Ler na cama
/en Lectura, Vídeos/por bretemasVía Trafegando ronseis.
Get London Reading
/en Lectura, Promoción do libro, Publicidade/por bretemasEntrevista a Manuel Rivas
/en Bibliotecas, Entrevistas, Lectura, Libro/por bretemas
Manuel Rivas é entrevistado na revista UNELIBROS. Manolo, entre outras cousas ben interesantes, propón a creación dun novo ecosistema para a promoción da lectura e do libro: o pub-taberna-libraría. Quedo con estas tres afirmacións en defensa do libro, a lectura e a biblioteca:
- “A lectura, o libro e os espazos onde están son lugares de resistencia humanística esenciais. A nosa sorte depende de que eses espazos se manteñan ou desaparezan completamente da natureza”.
- “O libro é algo que pertence á natureza, que ten a condición de froito”.
- “Os centros escolares deberían ter como epicentro arquitectónico a biblioteca”.
A longa entrevista pode lerse neste pdf (nas páxinas 13 a 15) do número completa da revista.
Libros dixitais xa!
/en Lectura, Tecnoloxías, Vídeos/por bretemasLibro, mayday mayday
/en Lectura, Libro, Recurso_didáctico/por bretemasMais se dispoñemos dun pequeno depósito de optimismo, vemos que a historia do libro é dunha resistencia exitosa contra tanta persecución. Na actualidade, as innovacións tecnolóxicas e todas as hipotecas que gravan o tempo humano, ese modelo de “capitalismo impaciente” que todo o ocupa, semella ás veces que van provocar un afundimento das chamadas humanidades. Unha especie de holocausto do libro a mans do mundo virtual.
Cómpre ter unha concepción ecolóxica do futuro do libro e da propia literatura. Vai haber modificacións no soporte. Vanse a dar grandes adiantos técnicos que propicien a difusión electrónica e libros que condensen en pequeno espazo unha biblioteca. Mais o que non vai desaparecer é a idea de libro e moito menos a necesidade da invención literaria e do pensamento libre.
Moi recomendable.
Liberespazo
/en Lectura, Promoción do libro/por bretemas"Máis libros", o anuncio
/en Lectura, Librarías, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos/por bretemas
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
O Vigo que deixamos11 de Xuño de 2026 - 6:46 a.m.
Alborada do fútbol vigués4 de Xuño de 2026 - 3:48 p.m.
Agustín Fernández Paz no «Álbum de Galicia»29 de Maio de 2026 - 8:43 a.m.
O noso estado da lectura29 de Maio de 2026 - 8:24 a.m.
Celtiña celtista25 de Maio de 2026 - 9:16 a.m.








