Entrevista a Manuel Rivas

Manuel Rivas é entrevistado na revista UNELIBROS. Manolo, entre outras cousas ben interesantes, propón a creación dun novo ecosistema para a promoción da lectura e do libro: o pub-taberna-libraría. Quedo con estas tres afirmacións en defensa do libro, a lectura e a biblioteca:

  • “A lectura, o libro e os espazos onde están son lugares de resistencia humanística esenciais. A nosa sorte depende de que eses espazos se manteñan ou desaparezan completamente da natureza”.
  • “O libro é algo que pertence á natureza, que ten a condición de froito”.
  • “Os centros escolares deberían ter como epicentro arquitectónico a biblioteca”.
    A longa entrevista pode lerse neste pdf (nas páxinas 13 a 15) do número completa da revista.
1 comentario
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Los centros escolares deberían tener como epicentro arquitectónico la biblioteca. Un espacio que tuviera además un escenario teatral…!!!

    Totalmente de acordo co poeta máis xa llo podía dicir á Consellería de Educación e na súa Delegación en Pontevedra que veñen de DECIDIR desfacer unha Biblioteca para facer aulas e despachos… arrinconala no lugar máis umbrío e frío do recinto e o Salón de Actos con escenario tal e como foi solicitou polo Consello Escolar NIN FALAR SIQUERA !

    Disque non hai cartos!

    Pero vexo que para repartir 20.000 exemplares dunha novela en GADIS (Grupo Tojeiro – alias Reganosa) e facelo nunha bolsa de plástico que levará impreso un poema de Alvarez Blázquez titulado ‘A Cometa’ para iso sobran os 50 millóns de euros da Conselleira de Cultura!

    Lástima que o Manolo Rivas non sexa Conselleiro de Algo

    Ben podíamos todos empezar a RESISTIRNOS ós despilfarros mediáticos da Cultura e CONSTRUIR BIBLIOTECAS ESCOLARES E PARANINFOS onde florezan as artes e as letras do país…!

    Mentres tiraremos do carro ata onde se poda…!

Los comentarios están desactivados.