Realidade 07
/en Cine, Vigo/por bretemasLibro electrónico
/en Cine, Libro, Tecnoloxías, Vídeos/por bretemasVer a curtametraxe (10 minutos).
Audiovisual e edición en Galicia
/en Cine, Edición, Eventos, Televisión/por bretemasConvidado pola Academia Galega do Audiovisual, o pasado xoves participei nun debate sobre as relacións do sector audiovisual co mundo da cultura. No acto, moderado por Nani García, participaron Quico Cadaval, Antía Otero, Antón Baamonde e Marcial Gondar. Centrei a miña intervención en analizar as posibilidades dunha maior transferencia entre os sectores da edición impresa e da produción audiovisual que en Galicia viven virados de costas. É un feito que a maior parte das producións audiovisuais galegas están realizadas a partir de guións orixinais, o que supón unha certa anormalidade.
Nun recente e moi documentado traballo de Camilo Franco debúxase esta realidade: só o 7% das 70 longametraxes galegas fron adaptación de obras literarias en galego (cinco películas); porcentaxe que aumenta nos telefilmes ata o 19% (5 de 22 producións), grazas, sobre todo, ao proxecto Un mundo de historias, dirixido por Antón Dobao, que vai verquendo á televisión textos de narradores contemporáneos (os máis recentes serán A mariñeira de Quilmas, O bosque de levas e O club da calceta). Paradoxicamente, a transferencia no mellora na produción de curtametraxes (onde apenas se acada o 3%), sexan tanto as documentais como as de ficción. As posibilidades que ofrecen a actual edición infantil e educativa en lingua galega, así como os retos que propón a nova literacidade dixital, foron obxecto da miña reflexión.
Tras as nosas intervencións o debate foi animadísimo. Falouse moito sobre o uso da lingua galega no audiovisual, os enfoques que podería adoptar a programación da TVG, as posibilidades que para a nosa cultura ofrece Second Life ou a necesidade de contar cun proxecto empresarial multimedia dirixido á cultura urbana. Ao remate do debate coñecimos a noticia da produción en 2008 d’ A casa da luz, unha longametraxe dirixida por Carlos Amil, baseada na novela de Xabier P. Docampo.
"Diario do impostor"
/en Autores, Cine, Entrevistas, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais/por bretemasOnte presentamos na Coruña Diario do impostor, a primeira novela de Héctor Carré. A presentación correu a cargo de Miguel Anxo Fernández quen iniciou a súa intervención de forma moi contundente: “paseino como dios lendo esta comedia; é divertídisima; vai ser un auténtico libro de texto para os meus alumnos e alumnas de Comunicación Audiovisual”. A continuación sinalou que nunca se escribira un literatura galega e, tampouco, na española, unha obra coma este que ten o cine como argumento principal. “A novela de Carré hai moito humor e un grande pesimismo sobre o que está acontecendo no mundo do cine”. Miguel Anxo rematou as súas palabras salientando que Carré continúa a tradición do malogrado Chano Piñeiro de achegar o mundo do cine ao das letras. “Esta é unha novela para recomendar”, finalizou.
Héctor Carré iniciou o seu discurso sinalando que intentara poñerse nos ollos dun espectador para que coñecese como se fan as películas. “Esta era unha historia que merecía ser contada nunha novela”. “O personaxe do impostor, Onofre García (o nome é unha homenaxe a Eduardo Mendoza), levoume á comedia, un xénero que esixe estar moi conectado coa realidade. Na miña novela novela todo o que ten que ver co cine son cousas reais”.
Actualización (28-04-2007): Albino Mallo publica en Galicia hoxe esta entrevista con Carré realizada o día da presentación.
Estupenda actriz
/en Cine, Vídeos/por bretemasPareceume moi bo. (seis minutos).
Vía: Empezar la jornada
A cova das vacas mortas
/en Autores, Cine, Internet, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Presentacións, Xerais/por bretemasActualización (21:30): O acto de presentación desta tarde serviu para xuntarnos unha media ducia de blogueiros interesados pola literatura: Alfredo Ferreiro, Pelachos, Martin Pawley, Folerpa, Kavafinho, Jaureguizar e eu mesmo.
Para comezar, o autor fixo unha presentación da novela e, logo, dos contidos do sitio web onde se pretende dar conta tanto do argumento e dos personaxes, como establecer un espazo de participación cos lectores por medio da realización de clips. Propóñense, ademais, diversos enlaces na rede (relacionados tematicamente coa obra) así como a posibilidade de baixar o primeiro capítulo.
Logo abriuse un longo debate (durou preto das dúas horas) entre todos os participantes, onde se reflexionou moito sobre a importancia dos aspectos formais na creación literaria, sobre qué entendemos por literatura infantil e xuvenil, sobre o papel dos blogs na creación literaria ou mesmo sobre o papel dos autores con respecto á crítica galega.
Nos vindeiros días iremos publicando algúns fragmentos da gravación deste interesante debate.
Parenthese
/en Cine, Ilustración, Vídeos/por bretemasVía Libreros.
Binta e a gran idea
/en Cine, Vídeos/por bretemasA casa de Lola de Andrés
/en Arquitectura, Cine, Presentacións, Sociedade/por bretemasSINOPSE
O pasado non o hai que perdelo de vista porque para entendermos quen somos e para ir cara adiante sempre hai que telo presente. A memoria esvaécese e o pasado non é máis que un eco no espazo que o acolleu. Hoxe estes ecos dilúense nun espazo cambiante vítima da salvaxe e irreversíbel especulación inmobiliaria. A Costa da Morte está á venda. Baixo a fachada de prosperidade económica o fenómeno inmobiliario agacha a emigración, a falla de industrias, a desestruturación económica e a especulación perfilando un futuro no que os pobos se desartellan e onde se promove un desprezo total ao contorno, un contorno que en certa medida é o que nos di quen somos.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.