Hoxe presentamos Cólera, o máis recente poemario de María Xosé Queizán. Durante o acto proxectarase un vídeo de 45 minutos, preparado por Manuel Forcadela, que recrea con imaxes, testemuños e músicas seis dos poemas do libro.
Cólera é a memoria orgullosa dunha xeración que rememora un proceso histórico clave na conformación do tempo presente. Empregando a emotividade que proporciona a paixón poética, a autora loa á mocidade galega que iniciou o galeguismo político de posguerra e se mobilizou para derrocar o réxime do tirano. Polo poemario discorren acontecementos políticos e sociais decisivos dunha década (a que vai dende mediados dos sesenta ao inicio da Reforma Política): a formación do Consello da Mocidade, o 25 de xullo de 1969, Castrelo de Miño, Ferrol 10 de marzo de 1972 ou as Encrobas. Mais tamén, polo libro discorren elexías ao Che Guevara ou a Frantz Fanon, figuras que serviron de referentes ideolóxicos a esta xeración. Ademais doutros poemas que constitúen homenaxes explícitas a protagonistas daquel tempo de entusiasmo, confrontación, dor e represión, como os dedicados a “Carmiña” (“Testemuñas os anos dunha loita / de terra e tempo”) e a Reimundo Patiño, por só citar algunha destas pezas.
María Xosé Queizán, como xa fixera noutras ocasións, emprega o poema como rexistro ensaístico, fuxindo do intimismo e verquendo toda a súa intencionalidade social humanista para conseguir un poemario inusualmente comprometido e irado no contexto da poesía galega actual. Eis o título, rotundo, provocador e luminoso como metáfora daquel tempo onde agromou, con tanto esforzo, a esperanza da liberdade.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/03/queizan.jpg
116
195
bretemas
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
bretemas2007-06-20 11:01:002007-06-20 11:01:00"Cólera" de María Xosé Queizán
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/03/cuerpo_58437.jpg
133
195
bretemas
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
bretemas2007-06-18 20:29:002007-06-18 20:29:00"Illa Soidade", adianto do primeiro capítuloFerrín publica hoxe un novo artigo que completa o da segunda feira. Dous textos maxistrais sobre o himno galego. Indispensable que pasen o arquivo.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/03/18.jpg
200
125
bretemas
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
bretemas2007-06-15 07:32:002007-06-15 07:32:00Que din os rumorosos?Hoxe subimos o adianto en PDF de cinco (das oitenta e catro) minihistorias que conforman Minimaladas, a obra de Carlos López gañadora do Premio Merlín 2007.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/03/Carlos01.jpg
200
160
bretemas
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
bretemas2007-06-13 10:33:002007-06-13 10:33:00"Minimaladas", adianto de cinco historiasHoxe subimos o adianto en PDF do primeiro capítulo de Cardume, a novela de Rexina Vega gañadora do Premio Xerais 2007. Boa lectura!
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/03/0174762001181554510-rexina-recolle-o-premio.jpg
150
200
bretemas
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
bretemas2007-06-12 18:46:002007-06-12 18:46:00"Cardume", adianto do primeiro capítuloEsta mañán recibimos unha magnífica noticia: Teresa Moure obtivo o premio Rafael Dieste de teatro por Unha primavera para Aldara.
O xurado do premio sinalou que o texto foi seleccionado “pola sólida estrutura dramática, a potencia dos conflitos e a magnífica construción de personaxes”, apreciando nel “a ambición dunha trama sostida por un gran traballo de investigación histórica que trascende a época do drama para abordar temas de actualidade”, así como “a aposta por unha dramaturxia histórica” e “polo alto nivel literario” do mesmo.
Gustavo Pernas, membro do xurado, sinalou no anuncio do galardón que a trama da obra sitúase nun cenobio no ano 1465, na época das grandes loitas irmandiñas. “Máis alá do documento histórico e do traballo de investigación, destaca a universalidade e transcendencia de certos temas como a igualdade da muller”, segundo expresou o dramaturgo. Ademais, “abórdanse temas de actualidade utilizando unha trama histórica está falando de nós, de Galicia, de tradición e modernidade. A obra ten uns personaxes moi ben perfilados, é rica en dramaturxia e tamén en narración”. Concluíu Pernas afirmando que a posta en escea “constitúe un desafío”, xa que se trata dunha obra de 160 páxinas con grande complexidade escénica.
Unha primavera para Aldara é o primeiro texto dramático de Teresa Moure, amosando, así, a súa versatilidade e talento que a converten nunha das nosas grandes escritoras contemporáneas. Beizóns merecidas para ela. O vindeiro mércores, ás 20:00 horas, presentaremos na Libraría Pedreira de Santiago Benquerida catástrofe, a súa máis recente novela. Quedades convidados a felicitala.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/03/tmoureb.jpg
200
147
bretemas
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
bretemas2007-06-11 17:53:002007-06-11 17:53:00Teresa Moure, premio Rafael Dieste 2007 de teatro