Pobres festas
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Festas, Vigo/por bretemasA Ría na UVI
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Sociedade, Vigo/por bretemas
No artigo da semana reflexiono sobre a degradación da Ría de Vigo, por mor da desvastación urbanística da beiramar e polos problemas do saneamento, e sobre a necesidade de que o concello propoña de inmediato unha ubicación para a nova depuradora.
Xa falamos
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Lingua/por bretemasDiabete informática
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Literacidade/por bretemasCampo do Fragoso XXI
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemas
GUSTAVO CELTA
Celta e Getafe chegaron á derradeira xornada cos seus deberes feitos e desputaron un amigable para celebrar as súas magníficas tempadas. Vázquez, coa elegante discreción que o caracteriza, preparou o encontro para convertelo na primeira homenaxe que a afección lle tributa a Gustavo Celta, o xogador que mellor representou o espírito da fantasía celeste nesta década de gloria de xogo sen títulos. E abofé que Gustavo non decepcionou e durante unha hora sintetizou a sabedoría atacante que durante sete tempadas tanto nos fixo gozar. Arrincou con afouteza, caneou canto quixo, recuperou de forma disciplinada, buscou con determinación atacante a liña de fondo, centrou maxistralmente en parábola media ducia de veces para que Contreras nunha delas cabecease con furia (un dos mellores goles da tempada) e mesmo, pouco antes de ser substituído, chegou a facer unha rabona extraordinaria (un tipo de centro exquisito que só saben ralizar os máis grandes peloteiros arxentinos e chilenos) que deixou á bancada asombrada. Nunha actuación memorable, Gustavo reivindicouse como a voz da poesía esencial daquela fantasía da serpe de xestas europeas da que a bancada aínda ten saudades. Con esta brillantez de xogo e emotividade agradecida (a homenaxe a Gustavo Celta foi vibrantísima) rematou unha tempada extraordinaria, sobre todo nos resultados (64 puntos, 20 vitorias, 33 goles en contra, cifras ao alcance de moi poucos equipos europeos). Este Celta de sobria defensa atacante, que conxuntaron de forma intelixente Vázquez e Félix, ofreceunos unha das mellores tempadas da historia céltica. Beizóns para eles, para o cadro de xogadores e para os responsables do clube.
Máis internet, máis futuro
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Internet/por bretemas
No artigo da semana, ao fío da efeméride do 17 de maio, tamén Día de Internet e Día Mundial da Sociedade da Información, reflexiono sobre as relacións entre o novo paradigma comunicacional da literacidade electrónica globalizada e o futuro da lingua, cultura e identidade nosas.Folga no metal
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Política, Vigo/por bretemas
No artigo da semana reflexiono sobre a importante folga no metal de Pontevedra. Non teño dúbidas que amosa un profundo malestar social, sobre todo nos obreiros máis novos sometidos a condicións de grande precariedade, polas modificacións estruturais que, dende a reconversión de hai vinte anos, se veñen producindo nos estaleiros vigueses.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Atlas histórico de Vigo16 de Decembro de 2025 - 9:03 a.m.
Ventos propicios15 de Decembro de 2025 - 9:25 a.m.
Boloñazo13 de Decembro de 2025 - 6:00 a.m.
Presenza escasa11 de Decembro de 2025 - 3:41 p.m.
Lugares e días vigueses da memoria9 de Decembro de 2025 - 10:31 a.m.












