Entradas por bretemas

"Los girasoles ciegos", Premio Nacional de Narrativa

A noticia non constitúe unha sorpresa. Para min foi este un dos mellores libros de narrativa que lin este ano. Alberto Méndez -un dos editores e fundadores da editorial Ciencia Nueva, unha das pechadas por Fraga cando era ministro de Información- xa fora recoñecido na primavera co Premio da Crítica. Méndez morreu o pasado mes […]

Rinoceronte editora

Grazas a un comentario que hoxe publicaron neste blo, sabemos do proxecto de Rinoceronte editora. O proxecto de Moisés R. Barcia, tradutor de Tolkien e antigo responsable do Cartafol, iniciará a súa andaina cunha tradución de Julian Barnes e con outras importantes novidades de literatura europea. Felizmente algo se está movendo no mundo editorial galego […]

E por que non, Gaarder?

Náufrago propón a Philip Roth, Jaureguizar a John Updike, e por que non, pensar en Jostein Gaarder? Este chavaliño (ten cara de rapaz) noruegués, que formalmente escribe para mozos e mozas, e aínda sen traducir ao galego, seméllame contar con méritos e escrita abondos para merecer o Nobel. É autor de obras marabillosas e irrepetibles, […]

Radio

Alguén pode dicirme como vai quedar o da Radio? Houbo algún trasacordo?Actualización (05-10-2005): efectivamente, segundo sabemos hoxe, houbo problemas coa xefatura de informativos.

Canteira da vida

No artigo da semana, a partir da experiencia do Sárdoma F.C., fago unha reflexión sobre a importancia formativa das escolas deportivas de base e a necesidade de que sexan apoiadas polos poderes públicos.Creo que a experiencia de montar pequenas bibliotecas de libro galego neste tipo de clubes deportivos podería ser ensaiada noutros eidos da nosa […]

O manuscrito de Alicia

Anuncioumo Agustín e lino na páxina de Manolo Gago (obrigado) que se podía ver o manuscrito d’ Alicia visitando os fondos dixitalizados da British Library. Ten razón Gago que é un pouco latoso pasar as páxinas deste libro electrónico, mais é unha marabilla poder escoitar o texto en inglés e coñecer a caligrafía de Carroll. […]

Nova reunión da Mesa polo Libro

A agardada nova reunión da Mesa polo Libro e a Lectura, que se realizou esta mañá, presidida pola Conselleira de Cultura e Deporte, non axudou a despexar todas as incógnitas que os axentes do sector do libro temos sobre a vacilante política do actual Goberno Galego sobre o libro galego e a promoción da lectura. […]

Semana dos libros prohibidos

Sei por vilaweb da celebración nas bibliotecas norteamericanas da Semana dos Libros Prohibidos para reivindicar a liberdade de expresión. A información sinala que nos Estados Unidos sempre hai escolas, institutos ou bibliotecas que prohiben algúns libros que lles resultan incómodos, xeralmente os relacionados coa temática homosexual, aínda que o libro máis censurado é The Chocolate […]