Entradas por bretemas

Benvido, Oulego!

Outra importante incorporación ao blogomillo (que enlazamos xa a pasada semana) é a de Oulego. O escritor caurelao, residente en Madrid, adianta no blo os primeiros parágrafos da prometida segunda parte d’ O brindo de ouro. O autor de Fonte de esperante, un dos mellores libros de relatos publicados o pasado ano, vén publicado no […]

Acento gallego

Non souben ata hoxe da existencia de Acento gallego a bitácora de Couselo. No seu blog, o veterano xornalista explica cómo se produciu a súa saída do Correo, xornal no que traballou durante tantos anos. Seguiremos a súa bitácora. Os seus artigos, ben documentados e escritos, sempre merecen a pena. Benvido á rede Couselo!

Premio da Crítica 2005

Para min este premio constitúe unha grande satisfacción. Os lectores, os libreiros e, agora, tamén os críticos apoian a recepción do texto, podemos pedir máis? Máis beizóns para Teresa.Actualización (01-04-2006): Pola magnífica información da Voz sei que As galeras de Normandía foi a obra finalista, o que supón para min outra alegría. A novela de […]

Lembranza de don Antón Patiño

Durante máis de corenta anos, don Antón Patiño Regueira, coa inestimable axuda da súa compañeira Sinda, fixo de Librouro, a libraría da rúa Eduardo Iglesias, un referente inescusable para o libro galego en Vigo. Nos tempos da ditadura, podían adquirirse alí, baixo man e coas debidas precaucións, algún dos títulos máis emblemáticos editados polo galeguismo […]

Abril: mes dos libros

É unha auténtica marabilla este cartel de Patricia Castelao anunciando o mes dos libros que promove a Consellaría de Cultura. Esta ilustradora axigántase con cada novo traballo.

O mundo de Camilo

Os de Galicia confidencial publican hoxe unha crónica da presentación do pasado martes. Continuaremos o mes de abril en Vigo e na Coruña e, máis tarde, no mes de maio en Ourense e Pontevedra. A intervención e o libro de Camilo son unha chamada á responsabilidade do nacionalismo na construción do autogoberno con optimismo e […]

Botelha ao mar

Onte antes de comezar a presentación, Suso contoume a súa alegría pola volta á rede das súas Botelhas ao mar. Perdidas nun servidor foron recuperadas por un xeneroso e hábil lector que publicou sete delas en forma de blog. En realidade, estes textos, moi interesantes, constitúen un dos nosos antecedentes de prosa electrónica (publicábanse mensualmente) […]

Calendario da Reforma Educativa

Somos moitos s editores educativos preocupados polo calendario de implantación dos novos currículos da LOE, na medida que esta cuestión, xunto co modelo de gratuidade, determina o noso traballo nos vindeiros anos.A expensas da aprobación definitiva da lei no pleno do Congreso (seguramente durante o mes de abril) e a súa publicación definitiva no BOE […]