Entradas por bretemas

Pregón da Feira do Libro

Varios amigos e amigas pedíronme que subise á rede o texto do pregón que lin o pasado venres na apertura da Feira do Libro de Vigo. Dende hoxe pode descargarse o PDF aquí. Etiquetas: Artigos

Con Isaac

Non podo comprender as razóns para intentar apartar a Isaac e a súa familia da dirección do grupo Sargadelos. Hoxe en Vigo Metropolitano aparece unha das poucas entrevistas con este grande mestre de editores sobre tan espiñenta cuestión. Nesta entrevista moi interesante, Isaac amosa a súa vontade de loitar para recuperar a dirección do proxecto […]

Rivas na Opinión

O xornal La Opinión da Coruña publica hoxe no seu suplemento do domingo cinco páxinas sobre a nova novela de Manuel Rivas, incluíndo o texto do capítulo “O matador de touros” e numerosas imaxes dos espazos coruñeses da obra. O PDF pode baixarse aquí. Etiquetas: Rivas, ACoruña, Narrativa

Cultura e liberdade

Estes días no Master de Edición, onde impartimos o módulo de Promoción editorial e edición en Galicia, intentamos expresar o noso convencemento de que unha das función do traballo promocional dos editores é o de fomentar a lectura e os valores da cultura do libro.Vía Txetxu atopo estes marcadores de Elkar, un bo exemplo deste […]

Updike en galego

John Updike nunha polémica carta, escrita con motivo da celebración da última Book Expo de Washington, apupou aos asistentes lembrando que “vosoutros libreiros sodes o sal do mundo do libro”. O veterano narrador norteamericano defendeu o papel tradicional do autor e do libreiro e criticou un futuro dixital composto de descargas gratuitas de libros mesturados […]

Marta Mata

Faleceu Marta Mata, a grande impulsora da renovación pedagóxica catalana e defensora da escola pública. Os membros dos MRPs, os ensinantes que nos vencellamos no proxecto da escola galega das pombas debémoslle moito a esta mestra de escola e mestra de mestres, con moi boas amizades en Galicia. Tiven a oportunidade de coñecela personalmente hai […]

Librarías en liña

Código Cero ofrece unha completa reportaxe sobre as librarías en liña, os espazos de comercio electrónico especializados no mundo do libro. Afortunadamente o libro galego foi gañando un oco neste eido tan difícil, especialmente polo funcionamento modélico de Andel que, dende Vigo, serve libros na nosa lingua aos cinco continentes. Etiquetas: Librarías

En defensa da lectura

Ando estes días preparando o pregón da Feira do Libro de Vigo do vindeiro venres. Pretendo enfocalo como unha defensa da lectura e do oficio de libreiro. Procurando documentación atopei estes catro traballos de defensa da lectura ou estoutras reflexións sobre o traballo de libreiro. Etiquetas: Lectura, Librarías

Os oitentas de Virxilio

Xa me tarda en poder visitar a exposición antolóxica de Virxilio, inaugurada esta tarde en Compostela. O xenio do Cumial é un dos meus pintores preferidos, sexa polas formas sinuosas das súas mulleres campesiñas e emigrantes, for polas súas paisaxes elementais ou pola potente caligrafía que inmortalizou nas capitulares da Enciclopedia Gallega. Estes douscentos cadros […]