Entradas por bretemas

Danza: un cova moi interesante

Para celebrar a presentación da Guía de viños e augardentes 2006-2007, convidáronnos a unha botella de “Danza”, un espumoso de Valdeorras, que non aparece na guía (non ten D.O), das Adegas Día e Noite que rexe o noso amigo Pepe Rodríguez. “Danza” é un cova –ollo: nin un cava nin un champán– cunha burbulla aínda […]

Bibliotecas, Lectura, Edición (Conclusións)

Quedáronnos atrás as conclusións elaboradas pola AGE tras o IIIº Simposio O Libro e a lectura. Reproducímolas polo seu indubidable interese: A práctica lectora configúrase dende hai tempo coma un dos termómetros básicos para medir o nivel de desenvolvemento social, económico, político e cultural das sociedades. O acceso aos libros por parte da cidadanía é […]

O encaixe roto

«O encaixe roto» é o título dun conto escrito hai cen anos por Emilia Pardo Bazán, traducido por María Xosé Queizán dentro do volume Fenda, loucura e morte. Micaelita Aránguiz, unha rapaza da alta sociedade, rompendo todas as convencións sociais do seu tempo, decide cando o bispo lle preguntou se recibía a Bernardo por esposo, […]

Comentario de textos

Crónicas do derbi. Un interesante exercicio de comentario de textos. Un contragolpe abondoulle ao Celta para levar os tres puntos de Riazor (xornal.com) Unha boa “contra” dá o triunfo ao Celta nun derbi espeso (La Voz de Galicia) Nené acaba coa racha do Deportivo en Riazor (El Ideal Gallego) O Celta gaña ao Caparrós (El […]

Galegos na rede

Tivo interese a mesa redonda na que participamos varios blogueiros no seo das xornadas de Enredad@s. Gustoume moito a intervención de Marcus Fernández que presentou un panorama moi clarificador e completo sobre a situación da Internet en Galicia, propoñendo unha reflexión sobre a nosa fenda dixital (existente sobre todo no mundo rural galego, onde as […]

Bibliotecas públicas

No artigo da semana denuncio, ao abeiro das sesións e conclusións do IIIº Simposio da AGE, a situación carencial das bibliotecas públicas en Galicia, facendo especial mención ás importantes diferenzas existentes entre as dúas maiores cidades galegas e propoñendo a posibilidade de crear un Consorcio Bibliotecario Galego como plataforma de xestión e colaboración entre a […]

Para ler dúas veces

Hoxe apareceu en Babelia unha crítica sobresaliente da edición en castelán da novela de Rivas. Aledámonos desta recepción tan positiva que coincide coa expresada nos blogs galegos por Martin Pawley, Folerpa, Cesare, O levantador de minas, R.R., ou por críticos como Fernán Vello, Sandra Faginas, Xosé Manuel Eyré, Xulio Valcárcel (mágoa que estas tres últimas […]

Gennet Corcuera

O momento culminante da magnífica conferencia de onte de Pilar Pérez Esteve sobre as “Competencias lingüísticas no marco da Reforma Educativa” foi cando relatou a historia de Gennet Corcuera, a primeira española xordocega que chega á Universidade. Recordou que a estudante comentara nunha entrevista que o momento máis inesquecible da súa vida foi cando “comprendín […]

Panificadora

Se hai unha edificación que quero é a Panificadora. Nacín case ao pé deses formidables dez silos cilíndricos de formigón armado que son o berce da memoria da xeración do Polycomander. Vivín a nenez toda baixo o reloxo vital que marcaban as fornadas da Panificadora, esparexendo o arrecendo penentrante dos cornechos e boliños empaquetados na […]

Bibliotecas Públicas en Galicia, un diagnóstico

Hilario Hernández abriu o IIIº Simposio O Libro e a Lectura cunha conferencia traballadísima sobre a situación das Bibliotecas Públicas (BP) en Galicia, con datos referidos a 2004 e 2005.Hernández comezou a súa intervención definindo a biblioteca como “o servizo público que garante o acceso dos cidadáns en igualdade de oportunidades á cultura, á información […]