Acerca de bretemas
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6807 entries already.
Entradas por bretemas
Biblioteca "La lengua de las mariposas"
/en Autores, Bibliotecas/por bretemasEl Ballestero, un concello de apenas cinco centos habitantes da provincia de Albacete, decidiu poñerlle á súa biblioteca pública o nome de “La lengua de las mariposas“. Os membros do clube de lectura desta biblioteca rebelde (conta con máis socios ca habitantes) deste pobo manchego, nevado con frecuencia en inverno e onde a figura máis […]
Decideixo decidir
/en Efemérides, Imaxes, Internet, Política/por bretemasSant Jordi non son é a festa do libro e da rosa. Son tamén numerosos os postos que promoven iniciativas políticas e cívicas coma “Decideixo Decidir” ou esoutra do puntCat. Etiquetas: Sant_Jordi_2007
O pan de Sant Jordi
/en Efemérides, Gastronomía, Imaxes/por bretemasCada díada ten o seu pan ou o seu pastel.Así os panadeiros e pasteleiros cataláns apoian a xornada e (semella) fan un bo negocio. Aos ingredientes tradicionais do pan, ao de Sant Jordi, engádenlle sobrasada (para representar as catro barras da senyera, queixo e noces para a cobertura exterior. Como sería o pan das letras […]
Sant Jordi 2007
/en Efemérides, Eventos, Imaxes, Promoción do libro/por bretemasAlgunhas imaxes do Sant Jordi 2007. A Libraría Sargadelos puxo con éxito á venda os libros galegos. Teresa Moure (compartindo mesa con Vila-Matas) e Manuel Rivas asinaron exemplares das súas obras máis recentes (sobre todo en catalán). Unha mobilización lectora e da lingua catalana impresionante Unha festa de auténtica primavera para o libro. Etiquetas: Sant_Jordi_2007
A presentación de Silverio
/en Autores, Entrevistas, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais/por bretemasO venres á noite a presentación da novela de Silverio Cerradelo ateigou a Galería Sargadelos de Barcelona. Máis de oitenta persoas seguiron con atención emocionante as intervencións da profesora Sabela Labraña e do autor limiao. Un grande éxito, como o do resto das actividades desta semana das letras galegas que se ven desenvolvendo con motivo […]
Fracaso e perspectivas do PXOM
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasNo artigo da semana volvo, ás portas das municipais, á reflexionar sobre o PXOM de Vigo. Preocúpame moito que despois do 26-M se volvan repetir argumentos e posicións que levaron hai tres anos á ruptura do goberno progresista. Entendo indispensable que cadaquén amose as súas cartas sobre a cuestión ao electorado, un principio de transparencia […]
Libros galegos no Sant Jordi
/en Presentacións/por bretemasHoxe estaremos en Barcelona acompañando a Silverio Cerradelo na presentación d’ Os paxaros tamén migran ao sur. O acto forma parte do programa da semana actividades, organizada dende hai varios anos polos editores galegos, con motivado do San Jordi. Dende e Barcelona e Tarragona anotaremos, pois, estes días.
"Cartas de inverno", 20 edicións
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Xerais/por bretemasA 20ª edición de Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz mereceu a portada de Galicia hoxe, un auténtico acontecemento na prensa galega que se atreve a abrir a tres columnas cunha noticia da nosa literatura. A ampla información salienta que en doce anos a novela vendeu 65.000 exemplares en galego (20 edicións) e outros […]
"Os libros arden mal", premiado polos libreiros de Madrid
/en Autores, Narrativa, Premios/por bretemasRecibimos con alegría o novo premio outorgado a Rivas por Os libros arden mal. O Gremio de libreiros de Madrid premiou a novela de Manolo como o mellor libro do ano, salientando “a intensidade dun relato que percorre a historia da Coruña dende finais do século XIX ata os nosos días”. O xurado, na acta […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
A Bilbatúa familia mártir17 de Febreiro de 2026 - 9:19 a.m.
O Profesor13 de Febreiro de 2026 - 8:47 a.m.
O faro cultural de Vigo13 de Febreiro de 2026 - 8:44 a.m.
A represión franquista en Vigo10 de Febreiro de 2026 - 9:17 a.m.
Noite de dioivo8 de Febreiro de 2026 - 11:28 a.m.
