Cultur.gal, xoves 10 (imaxes)
Etiquetas: Culturgal
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6807 entries already.
Etiquetas: Culturgal
Entre as actividades de mañá xoves en Cultur.gal destaca a celebración, a partir das 17,30 horas da xornada “I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet” que analizará o momento actual da web e pretende axudar aos creadores e profesionais do mundo da cultura a detectar oportunidades de difusión e de creación nun […]
Promete o primeiro Cultur.gal. Estivemos boa parte do día traballando nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra que eran un bulebule de xente ultimando os preparativos dos stands e da instalación das exposicións. Xa non hai dúbida que tanto polo número de expositores (énchese todo o espazo dispoñible dunha nave enorme), como polo completísimo […]
Agustín Fernández Paz (como autor) e Xan López Domínguez (como ilustrador) serán os dous candidatos que presentará a OEPLI ao Premio Memorial Astrid Lindgren 2008, outorgado polo goberno de Suecia.Hoxe Galix anuncia nunha nota de prensa esta extraordinaria noticia que supón o recoñecemento da excelencia internacional da nosa literatura infantil e xuvenil. Etiquetas: Premio_Astrid_Lindgren
Esta longa entrevista con Álvaro Cunqueiro (máis dunha hora), realizada en 1978 por TVE no seu programa A fondo, merece ser arquivada. Un documento didáctico e literario moi valioso. As marabillas da rede! Vía Valadés. Etiquetas: Álvaro_Cunqueiro
Os libros arden mal recibiu onte o seu sétimo premio, o da AELG.A velada de entrega destes premios, concedidos polos escritores aos seus colegas, resultou moi entrañable e moi ben levada, con enorme elegancia e moito ritmo, por Cesáreo Sánchez Iglesias e Mercedes Queixas. Beizóns para eles dous e o seu equipo.Especialmente emocionante foron as […]
No artigo da semana propoño, a raíz da folga dos mestres, unha reflexión sobre o horario e o calendario escolar. Etiquetas: Artigos
Aínda que non gosto moito das cadeas, a amiga Peke convídame contestalo. Vai entón con enorme pudor:1.- O principal trazo do meu carácter? A paciencia.2.- A calidade que prefiro nun home? A intelixencia, a vontade e a tenrura.3.- A calidade que prefiro nunha muller? A intelixencia, a vontade e a tenrura.4.- O que máis aprezo […]
Herminio Barreiro leu este texto sobre a recuperación da memoria histórica nun acto celebrado o 25 de abril no Salón de Actos da Facutltade de Educación de Santiago. Un texto excelente que merece ser arquivado. Dicía con moita ironía Jesús Vicente Chamorro, aquel inesquecible e revolucionario fiscal do Tribunal Supremo, que Deus é o único […]
Xesús Alonso Montero convidoume a participar hoxe na homenaxe ao profesor Gonzalo Anaya que se realiza en Vigo con motivo da presentación do libro Gonzalo Anaya: la passió educativa. Unha enorme honra para min xa que dende hai case trinta anos, desde os meus tempos de alumno da Facultade de Pedagoxía, téñolle moita lei a […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
