Entradas por bretemas

Nace "Edoy Leliadoura"

A aparición dos seis primeiros títulos da colección “Edoy Leliadoura” de Sotelo Blanco edicións é unha noticia importante para a poesía galega. Dirixe a colección Xesús González Gómez, o que promete calidade e coidado nas edicións. A aparición deste novo espazo poético engádese a especialización de Espiral Maior, á aposta de Galaxia por potenciar Dombate […]

Entrevistas aos Premios Xerais

Hoxe La Voz de Galicia entrevista aos tres gañadores dos premios Xerais 2007, coincidindo co aparición das obras nas librarías e a súa presentación. Algo que moito agradecemos. Carlos López, Premio Merlín por Minimaladas: “Coa literatura pódese aprender, pero a súa función non é didáctica“. An Alfaya, Premio Fundación Caixa Galicia por Illa Soidade: “A […]

Os vídeos de Pérez Varela

Os vídeos de Pérez Varela que publica oportunísimamente La Voz de Galicia non se poden perder: a cultura está rifada coa burocracia, xenial! [Aínda que máis lamentables parécenme, aínda, as declaracións de Fraga que deita toda a responsabilidade do disparate do seu soño nos erros cometidos polos seus colaboradores.] Indubidablemente estes documentos audiovisuais (como as […]

"Cardume", primeira crítica

A primeira crítica dunha obra sempre crea expectación a editores e autores. Esta é a que sobre Cardume, a novela de Rexina Vega, Premio Xerais 2007, publicou onte Manuel Rodríguez Alonso, o incansable crítico do Cartafol de libros. Nestes últimos vinte días, o mesmo crítico, publicou os seus traballos sobre Limpeza de sangue (o Nacional […]

"Madeira de Zapatero"

Hoxe colgamos o adianto en PDF da introdución de Madeira de Zapatero, o retrato do presidente do Goberno preparado por Suso de Toro. O libro estará nas librarías galegas, a partir do vindeiro mércores, e a primeira presentación da obra terá lugar na sede do Instituto Cervantes de Madrid, o martes 13 de novembro, coa […]

Campo do Fragoso XLVIII

DERBI MOI IGUALADOO primeiro derbi da tempada co Racing de Ferrol foi moi igualado e vistoso para as dúas afeccións. A primeira parte foi de claro dominio celeste. Conducidos dende o centro do campo por un criterioso Jorge Larena, os vigueses desenvolveron un xogo ordenado, unha intensa presión e un tratamento agarimoso da pelota, o […]

"Chispas de Quesada"

Nos próximos días recibiremos os primeiros exemplares de Chispas de Quesada, un volume que recolle unha antoloxía de máis de duascentas viñetas, da colaboración diaria que Quesada mantén de forma ininterrompida en Faro de Vigo durante os últimos corenta anos. Unha antoloxía, impregnada da súa visión irónica e crítica da vida, que constitúe un percorrido […]

A malleira de Escarabote

No artigo da semana propoño unha reflexión sobre a malleira de Escarabote. Alén das consecuencias autodestrutivas para os adolescentes participantes, tanto do agresor, agredido como de quen filmou a malleira, é inevitable considerar o papel dos medios na difusión das imaxes. Etiquetas: Artigos

Café do libro

Antón Castro anuncia a inauguración de La Buena Vida-Cafe del libro, unha nova libraría e espazo cultural en Madrid, aberta de doce do mediodía a doce da noite. Non coñezo nin aos promotores nin as características do espazo nin a selección dos fondos (aínda que se sinala que xunto aos libros, haberá tamén unha selección […]