Entradas por bretemas

Portadas de 2007 (Xerais) I

Creo que é unha boa idea a de The book design review de ir publicando as portadas do ano que se consideran máis interesantes. Aí van as primeiras, correspondentes a novidades que editamos en Xerais: A lúa dos Everglades.Deseño de Miguel Vigo sobre foto de Fran Herbello. O único que queda é o amor.Deseño de […]

Literatura e mercado

Lúcida anotación de Mario sobre o sector editorial galego, ao fío doutras polémicas que abordamos no blog e sobre as que volveremos na vindeira semana. Mario pon o dedo na chaga cando afirma: “Obviamente é desexábel que a industria editorial non sexa un pozo sen fondo onde van caer os cartos de todos, é desexábel […]

London 2012

Ás portas da celebración da cita olímpica de 2012, Londres xa comezou os preparativos para un evento co que as autoridades pretenden mudar completamente a súa fasquía urbana. A renovación do espazo de Wembley realizada por Sir Norman Foster xa é unha impresionante realidade que nos deixou moi ben impresionados, non tanto polo seu carécter […]

Campo do Fragoso L

REMONTADA HEROICAOs dez últimos minutos abondaron para que o Celta resolvese un encontro que dende a bancada dabamos por perdido. A expulsión no minuto dezaseis de Diego Costa (un xogador de indubidable calidade, mais que precisa madurar moito profesional e humanamente) malogrou o devir dun partido que o Celta comezou moi ben, apupado por cada […]

Premios edición 2007, finalistas

Acaban de anunciarse os títulos dos libros finalistas dos Premios da edición 2007 que serán entregados o vindeiro venres na Coruña no transcurso da IIIª Noite da edición. Premio Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado 2007: Guía dos mamíferos de Galicia de Baía Edicións; Minimaladas de Xerais; Titiritesa de OQO Editora. Premio Lois Tobío ao […]

"O único que queda é o amor"

Alfredo Ferreiro e Tati Mancebo tiveron a xenerosidade de gravar a presentación que realizamos na Coruña do libro de Agustín Fernández Paz. O documento audiovisual (vinte e oito minutos) é moi interesante, sobre todo, a conversa entre Óscar Sánchez e o autor d’ O único que queda é o amor. Etiquetas: Agustín_Fernández_Paz

Ler para comprender o mundo

Inevitablemente no artigo da semana comento os resultados do Informe PISA 2006. Como son consciente das limitacións do informe (mais vale que a ministra fose, tamén, máis prudente), pretendín facelo dende a perspectiva da oportunidade que ofrece para enfrontar o reto da mellora da comprensión lectora e da alfabetización informacional. Estou convencido, como teño salientado […]

Ferradura en tránsito

Grazas ao technorati coñezo o blog do crítico literario Xosé Manuel Eyré. Lamento que non lle gustase o meu comentario sobre a polémica da Síndrome do Padornelo, que considera unha “lixeireza”. Admito que quizais a redacción desta anotación non foi pola miña banda a máis afortunada (sobre todo pola elección da palabra “arroutada”), porén non […]

ANT diario dixital

Gustei desta nova ANT dixital. Un gran paso adiante! Destaca nesta estrea a calidade da información cultural, eis os casos das cróinicas das presentacións de Cardume ou de Fóra do sagrado (mesmo acompañada cunha gravación en vídeo) en Compostela ou a entrevista con Margarita Ledo, por só citar unhas poucas.Esta nova A Nosa Terra, dirixida […]