Entradas por bretemas

Temos que morrer

O brillantísimo artigo de Suso de Toro contrasta, nas mesmas páxinas do Luzes de hoxe, coa lamentable obstinación do académico Franco Grande de intentar devaluar a calidade da literatura galega actual.Coincido de cheo con Suso de Toro que non é cabal utilizar o pasado da literatura galega para destruír a presente, como, coincido, tamén en […]

Informe sobre o impacto do préstamo

Hoxe La Voz de Galicia e Vieiros informan sobre os contidos do informe, encargado pola AGE e elaborado por un grupo de traballo da USC, sobre o impacto moi negativo da modalidade de préstamo do libro de texto sobre a viabilidade sector editorial galego. Non vou reiterar as miñas opinións sobre a cuestión que, desgrazadamente, […]

Papyre 6.1

Continúa a procura dun estándar amigable para a lectura electrónica. A empresa española FacThor anuncia a comercialización dun dispositivo electrónico que permite a reprodución de contidos dixitais (libros e documentos diversos) “cunha calidade de lectura como a dun libro en papel”. Custa 350 € e xa se pode solicitar por teléfono. Como será? Etiquetas: Papyre_6.1

Protocolo contra a violencia machista

María Xosé Queizán enviounos a moción aprobada o pasado 19 de decembro polo pleno do Concello de Vigo, a proposta do Consello Municipal da Muller, dun protocolo de rango público a desenvolver nos funerais das mulleres asasinadas polas súas parellas. Unha medida xusta e oportuna, no camiño da restitución da dignidade das vítimas, que debería […]

Lectura na consola

Grazas ao un bo amigo souben hoxe das posibilidades de lectura sobre a consola máis popular no mundo. Non hai dúbida que a procura dun soporte de lectura amigable (ver a anotación de Calidonia) continúa sendo un reto. Chegar, chegará. Etiquetas: Nintendo

Efemérides 2008

Oportunísima esta anotación do Máis alá de Vieiros recollendo o calendario de efemérides literarias e eventos culturais galegos para este 2008. Ademais do ano de don Xosé María, convén non esquecer o cincuentenario do pasamento do poeta Luis Pimentel e o corenta aniversario de Voces Ceibes e do 68 compostelán. Teremos oportunidade de falar aquí […]

"O segundo sexo" en galego

Coincidindo co ano do centenario do nacemento de Simone de Beauvoir (celébrase mañá, día 9 de xaneiro) publicaremos os dous volumes d’ O segundo sexo na nosa colección Xerais Ensaio. Margarida Rodríguez Marcuño xa entregou a tradución do primeiro tomo que pretendemos presentar con motivo do vindeiro 8 de marzo. A edición desta obra fulcral […]