Entradas por bretemas

Feira do libro da Habana

Hoxe presentouse o programa da participación de Galicia na Feira do Libro da Habana do vindeiro mes de febreiro. Aquí pode descargarse o dossier elaborado pola Consellaría de Cultura e Deporte con toda a información sobre tan importante evento (actividades, participantes…). Etiquetas: Feria_Libro_La_Habana

Arquivos, bibliotecas e museos (II)

Xosé L. Méndez Ferrín volve hoxe no Faro coa prometida segunda entrega sobre “Arquivos, bibliotecas e museus“. O mestre atina de cheo no diagnóstico sobre os nosos centros da memoria, ao tempo que proporciona o necesario contexto histórico do seu modelo inserido (a pesar da Autonomía) nun desfasado modelo provincial.Reproduzo os dous últimos parágrafos, onde […]

"A neve do tempo"

Hoxe presentamos en Ourense A neve do tempo, un fermoso libro de arte froito da colaboración entre o escritor Alberto Pascual e o pintor José Antonio Ocaña. Para o crítico Juan Carlos García Alía, ambos os dous autores “forxaron un valioso libro de artista por cuxas páxinas despregan un fermoso espazo dual e equilibrado co […]

Centre for the promotion of Galician Literature in Translation

A raíz da miña proposta de creación dunha Oficina do Libro Galego, como xestor da estratexia de promoción da literatura galego a nivel internacional, o amigo Jonathan Dunne (o máis importante tradutor da literatura galega ao inglés) remíteme este enlace coa páxina do Centre for the Promotion of Galician Literature in Translation (CPGLT) que creou […]

Homenaxe a Siro

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Facultade de CC da Comunicación da USC ofrecerán unha homenaxe ao humorista gráfico, ilustrador, debuxante, caricaturista, xornalista de La Voz de Galicia, escritor dramático, ensaísta, conferenciante, pintor e tantas outras cousas… Siro López Lorenzo pola súa traxectoria profesional o día 24 de xaneiro, xoves, no […]

Naufraxios inevitables?

Esta secuencia interminable de naufraxios prodúceme perplexidade e enorme desacougo. Non se poden tomar outras medidas para atallar esta hemorraxia de sinistralidade no mar? Pódese aceptar como algo inevitable? Non é imprescindible acometer unha investigación sobre as causas do que sucedeu e depurar as responsabilidades que houber? As embarcacións actuais teñen as condicións axeitadas para […]

Que pasou no PP?

Paréceme verosímil esta explicación de Escolar sobre o que pasou onte no PP. Unha batalla que chegou, tamén, a Galicia. Non lle vexo moi boas trazas ao futuro de Mariano e do propio Alberto Núñez Feijoo (até o agoira Fraga e X.L. Barreiro) sometidos de pés e mans ao aznarismo cotroso de Esperanza e os […]

Tendencias da industria editorial para 2008

Vía Martín Gómez coñezo as tendencias que para un gurú como Mike Shatzkin, previsiblemente, se desenvolverán na industria editorial internacional para 2008. Coincido con Martín Gómez que non se propoñe cousas moi diferentes das que non vimos ocupando nos blogs de libros e edición nos últimos tempos. Con todo, nunca está demais recollelas para botar […]

"Os fabulosos irmáns da luz" de Olaia Sendón

O próximo sábado estréase na Punta da Barca de Muxía Os fabulosos irmáns da luz, o novo documental de Olaia Sendón que constitúe unha homenaxe ao fotógrafo Ramón Camaño, pioneiro en levar o cine á Costa da Morte. En palabras da súa autora: “O cine era ante todo espectáculo. A posta en escea desta premiere […]

A quen beneficia a polémica?

Hoxe Xabier Cordal resume polo miúdo en Galicia hoxe (admirable o seguimento deste medio ao mundo literario galego) as diversas reaccións á polémica literaria das últimas semanas. Pola súa banda X.M.Eyré agoira na súa anotación que, previsiblemente, seremos os editores os próximos atacados e que “lle gustaría ser tan optimista” coma presupón que eu acredito […]