Publicidade censurada nos EE.UU.
Vía: Trafegando ronseis.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6819 entries already.
Vía: Trafegando ronseis.
Paco Armada acaba de abrir un blog dedicado ao GR.94, o sendeiro rural de Galicia, homologado pola Federación Galega de Montañismo. Seguindo este vieiro para camiñantes, perfectamente sinalizado, pódese chegar de Vigo a Compostela sen pisar o asfalto. Recomendo a visita a este novo espazo web, onde Armada pretende ir informando sobre os contidos do […]
Isto é unha marabilla de comunicación política.
Preme. Que é este sitio? O seu obxectivo é: “Funcionar coma servizo público para que moitos galegos a poidan usar coma páxina de inicio, mellorar o filtrado das buscas de Google e estudar o impacto dun medio na Internet onde se manifestan estes fenómenos fonéticos galegos.”Beizóns, creo que isto é unha marabilla.
A editorial Harper Collins ofrece no seu espazo web a posibilidade de ler libros completos (como a versión en inglés do libro máis recente de Paulo Coelho), aínda que non poden ser descargados nin copiado nin impresos. Os textos estarán dispoñibles para os lectores durante un mes. A directora da editorial considera que “o mellor […]
Interesante entrevista a Ian McEwan con motivo da publicación de Chesil Beach, a súa máis recente novela. Etiquetas: Ian_McEwan
No artigo da semana volvo sobre a análise dos datos do Barómetro de hábitos de lectura 2007 e reitero a proposta de dedicar o vindeiro 2009 como “Ano da Lectura“.Imaxe: Club de lectura. Biblioteca Monte Alto. Obrigado. Etiquetas: Lectura
O blog de Manolo Gago é unha fonte permanente de bo gusto e beleza. Ademais de moitos outros temas, comparto con Manolo o seu interese pola eficacia emotiva da “publicidade branca”. Hoxe pendurou estas dúas pezas do Metro de Madrid, que son sinxelamente preciosas. A veterana axencia Contrapunto, produtora da segunda das pezas, ten realizado […]
Acabamos de recuperar para a colección “Fóra de Xogo” Vestio, a novela que Xosé Miranda publicara por vez primeira en 1995. Un libro que enlaza temática e formalmente, co moi exitoso volume de contos As mans no medo (publicado o pasado ano e xa reeditado) e co, tamén reeditado, volume de narracións do fantástico A […]
Manuel Gago publica hoxe unha anotación importante, a raíz do debate sobre “Os libros de mañá“, ao que tantas referencias fixemos no blog. A posición de Gago resúmese no derradeiro parágrafo da anotación: “A cuestión é en que medida é relevante agardar por algo que non sabemos cando nin como chegará. Eu teño a sospeita […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
