Entradas por bretemas

Tempos dixital

Beizóns aos responsables do mensual Tempos Novos que publican a súa versión beta do seu espazo electrónico, Tempos dixital. Entre outras novidades, considero importante para a visibilidade do libro galego a posibilidade de consultar e descargar en pdf o Protexta, o seu magnífico suplemento de libros. Pareceume prometedora a sección “Entreculturas“, así como a da […]

Unha educación política

Acabamos de saber da aparición de Unha educación política, a edición en castelán das memorias do noso admirado o editor André Schiffrin. Lectura obrigada para editores. Daremos noticias.

Xan Bouzada

Morreu Xan Bouzada, unha persoa dunha peza e o noso sociólogo da cultura. Esta tarde a cerimonia civil do seu pasamento, no que interviron Darío Xohán Cabana e Ricardo Torres Queiruga, foi o derradeiro xesto da súa enteireza moral diante dos seus centos de amigos e amigas desolados pola súa perda. Baixamos do meixueiro sen […]

Campo do Fragoso LX

RIR OU CHORAR?Aínda que os resistentes celestes temos coiro abondo para encaixar unha nova derrota, hai unha coincidencia xeralizada nas bancadas de Balaídos en que o mellor que podemos agardar é que remate canto antes esta tempada nefasta protagonizada por un Celta patético e ridículo, diante do que xa non sabemos se é mellor chorar […]

O xogo da serpe

É adoito que os anuncios de Nike sexan moi impactantes. Neste (dous minutos), protagonizado por xogadores como Cecs, Cristiano Ronaldo, Ronaldinho ou Sneijder (entre outros) ofrécese unha visión do fútbol empregando unha cámara subxectiva, dentro e fóra do estadio. Algúns malabarismos pagan a pena. Outra mostra de publicidade impactante.Vía Julián Gallo.

Libros dixitais xa!

Vía Txetxu e Comunicación Cultural chego a este documento e a este blog que abre novas perspectivas e argumentos sobre as posibilidades do libro dixital e a lectura en pantallas como xeito de facilitar a lectura para todos. Unha perspectiva que non deberiamos esquecer.

Libro, mayday mayday

Imprescindible a lectura do fermoso artigo de hoxe de Manuel Rivas sobre o libro e a lectura. Transcribo apenas dous parágrafos: Mais se dispoñemos dun pequeno depósito de optimismo, vemos que a historia do libro é dunha resistencia exitosa contra tanta persecución. Na actualidade, as innovacións tecnolóxicas e todas as hipotecas que gravan o tempo […]

"Anxel Casal,un editor para un país"

O pasado día do libro presentouse Ánxel Casal, un editor para un país (Catálogos de Lar e Nós), un magnífico volume, coordinado por Alfonso Mato e coeditado polo Seminario de Estudos Galegos e o Consello da Cultura Galega. A edición desta obra supón, tras o traballo de Ernesto Vázquez Souza, un paso definitivo para fixar […]