Entradas por bretemas

Juan Palomo ofendido polos nosos premios nacionais

Era de agardar. O blog de Juan Palomo de El Cultural (El Mundo) publica unha anotación na que expresa a súa indignación pola concesión de dous premios nacionais a dous autores galegos. O comentario non ten perda: También en los premios Nacionales de Literatura que otorga el Ministerio de Cultura parte el bacalao la cuota […]

Samaín de Cedeira 2008

Rafael López Loureiro, o primeiro estudoso e animador do Samaín galego, envíame o programa de actividades do Samaín de Cedeira que ven animando de forma ininterrumpida dende hai dezaoito anos. A festa comezará esta tarde de sábado, ás cinco da tarde coa recollida de melóns para irse apuntando ao Concurso Exposición de caveiras. Tamén haberá […]

Morre Anxo Rei Ballesteros

Coñecemos por culturagalega.org outra noticia fatal para as letras galegas: morreu onte o narrador e ensaísta Anxo Rei Ballesteros, o xenial autor de Dos anxos e dos mortos e de Loaira, dúas das máis memorables novelas galegas do século XX. Hai dúas semanas Suso de Toro, tras o derradeiro encontro con Anxo, dedicáballe este fermoso […]

«A guerra dos mundos», hoxe setenta aniversario

Hoxe hai setenta anos que Orson Wells protagonizou o famoso radiograma sobre «A guerra dos mundos» que provocou o pánico de milleiros de persoas que o escoitaron convencidas que a terra era invadida polos marcianos. Aquela dramatización e adaptación para a radio de Orson Wells (daquela un mozo) da novela homónima de H.G. Wells (hai […]

«O libro galego no mundo»

Moi atractivo o programa do V Simposio O libro e a lectura no que se abordará a situación do libro galego no mundo. Especial interese teño en escoitar Josep Bargalló, o responsable do Institut Ramón Llull. Coñecer a experiencia catalana pode axudarnos a perfilar cales deben ser as características da nosa ferramenta de xestión para […]

Carlos López, gañador do Raíña Lupa

Carlos López, o autor de Minimaladas (Premio Merlín 2008) foi declarado hoxe gañador do Premio Raíña Lupa 2008 pola súa obra A peripecia de Roi. Precisamente, estes días, metimos no prelo Novas minimaladas, continuidade do seu libro anterior, ilustrada tamén polo seu amigo David Pintor. Beizóns para o bo de Carlos.

Steiner será traducido ao galego por Xerais

Tras a polémica Steiner reflexionamos moito sobre o posicionamento da cultura galega no mundo. O debate foi ben produtivo e, finalmente, matizado. Nós chegamos á conclusión que como editores galegos tiñamos a responsabilidade de contribuír a profundizalo. Esta foi a razón que nos levou a explorar as posibilidades de traducir algunha das obras do polémico […]

Xeración Lamote

Debemos a Xurxo Lobato desta magnífica foto dos tres membros da que poderiamos chamar «Xeración Lamote», Paco Martín, Xabier P. DoCampo e Agustín Fernández Paz. Os tres, premios nacionais; os tres, mestres da escola das pombas; os tres, amigos de corazón; os tres, trabes desas letras chairegas universalmente galegas.