Entradas por bretemas

«Yom HaShoah», Día do Holocausto

Non o esquezamos, hoxe é o «Yom HaShoah«, o «Día da memoria do Holocausto e da prevención dos crimes contra a humanidade», declarado así pola ONU como xornada en recordo das vítimas do exterminio nazi, no que morreron asasinados seis millóns de persoas. Celebramos o sesenta e tres aniversario da liberación por parte do Exército […]

Voto acreditado

A reclamación presentada polo PSOE diante da Xunta Electoral Central (XEC) sobre a necesidade que os inscritos no censo de residentes ausentes que voten nas eleccións galegas do primeiro de marzo incorporen a súa papeleta o DNI ou pasaporte é unha lamentable (por non dicir vergonzosa) torpeza política. Con esta reclamación os responsables socialistas, encabezados […]

Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín

O día 6 de febreiro celebrarase en Vigo o Acto de Homenaxe Nacional a X.L. Méndez Ferrín, con motivo do seu 70 aniversario e da presentación do libro A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín, coeditado por Sotelo Blanco e Xerais. O acto, que se realizará no Auditorio do Centro Social Caixanova […]

Facebook

Animado por Jaureguizar, estes días entrei a formar parte do Facebook (aquilo é un fervedoiro, lémbrame o comezo do blogomillo, con tantos amigos e amigas falando). Porén, despois de ver hoxe esta peza de humor venezolano (grazas, Ronseis), protagonizada polo actor Orlando Urdaneta (advirto, para non ferir sensibilidades, que é un antichavista, refuxiado en Miami), […]

txtr reader

Este novo e-book ten moi boa pinta. Este txtr reader proporciona prestacións que semellan mellorarían aos soportes actuais, sobre todo, polo seu carácter aberto e a posibilidade de lectura de varios formatos.