[Ángel Gabilondo, «Darse a la lectura», RBA 2012]
Ler é demorarse. Unha das condicións fundamentais para ler é non sentirse plenamente satisfeito. Ler é sempre buscar, aínda que non exactamento o xa coñecido.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6821 entries already.
Non está de máis un pouco de humor para a fin de semana. Ben sabiamos que a xente de «Polonia» de TV3 é moi retranqueira, mais agora teñen a fortuna de que Mariano e o seu equipo de leais lles dean moito xogo cada semana. Esta versión da bilirrubina de Juan Luis Guerra é para non […]
A elección de Roberto Vidal Bolaño como autor das Letras Galegas 2013 é outro gran acerto da actual xeira da RAG presidida por Ferrín. Con certeza suporá a popularización do escritor dramático en lingua galega máis importante do século XX, un dos creadores do teatro nacional galego, unha figura insubornable na defensa da lingua, da […]
[Gustavo Luca de Tena na presentación de «Iria», Bouzas 22 de xuño de 2012]/en Citas, Narrativa, Presentacións, Xerais/por bretemas
O mar non se deixa pintar se non é nas persoas que van alí navegar.
O salón de actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal de Compostela quedou pequeno para acoller aos aistentes á presentación d’ As meigas de Lupa, a primeira novela xuvenil de María Solar. Magnífica foi a lectura que realizou Xurxo Ayán que comezou definindo a obra como «un libro de servizo público» para lembrar despois a importancia […]
A legalización de Sortu píllame en Bilbo, coincidindo coa xuntanza mensual do grupo de traballo sobre o sector do libro na CAE no que fun convidado a participar. O Constitucional recoñece o que xa é un feito cotián na realidade política vasca, a participación da esquerda abertzale no proceso de normalización democrática. Se algo chama […]
Gustoume moito acompañar a Antón Sobral no serán no que recibiu o «Premio de Pontevedreses do ano 2011» no eido da cultura outorgado por Diario de Pontevedra. Antón, felizmente xubilado, tras máis de tres décadas como profesor de arte, é un mestre na difícil arte da vida lenta, do exercicio peripatético que nos fai cidadáns. […]
O ascenso da prima de risco e do bono español a 10 anos até niveis de infarto amosa que as eleccións gregas foron apenas unha excusa dunha estratexia de engano masivo. A río revolto gañan os especuladores e as políticas de rescate baseadas en recurtes fiscais e axustes de emprego. O problema non é Grecia, […]
Miguel Abad preparou para a triloxía «Dragal« de Elena Gallego, o que entendo é o mellor booktrailer da edición en galego.
Cinco reflexións sobre o que sucedeu onte nas eleccións gregas. Primeira: no parlamento gañaron os partidarios do rescate, porén a esquerda obtivo máis votos populares; o que supón un país profundamente dividido no éido político. Segunda: a esquerda anticapitalista de Syrizas, que pasa do 4,6% en 2009 ao 26,56%, consolídase como líder da oposición cun […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
