Entradas por bretemas

Poema de hoxe 15: «A chuvia humana» de Ramón Caride

A autocrítica é outra especie en perigo de extinción Ramón Caride, A chuvia humana (Toxosoutos, 2011)

Onte 1561: «Gabanza da lentitude»

Despois dunha semana a ritmo de vertixe, demoreime onte nas páxinas de Alabanza de la lentitud, o recentísimo ensaio de Lameberto Maffei publicado por Alianza Editorial. O neurocientífico italiano reivindica nun cento de páxinas gorentosas outra forma de vida que recupere o valor do tempo e un ritmo máis acougado onde as artes e a sletras […]

Poema de hoxe 14: «haikai dobre en xaneiro» de Marilar Aleixandre

desempenada a garza en Brandomil un de xaneiro   en gris e branco interroga na ponte días de porvir Marilar Aleixandre, Ovella descarreirada (Xerais, 2014)

Onte 1560: Conciliación

Pareceume un xesto acertado o de Carolina Bescansa levando o seu picariño ao hemiciclo no día da constitución do Congreso. Bescansa denuncia así o que as nais e os pais de hoxe sofren e do que moi pouco se fala, a imposibilidade de conciliar por outro procedemento que non sexa contando coa axuda das avoas e […]

Poema de hoxe 13: «Hordas de escritura» de Chus Pato

Non, paraíso non é a infancia, o paraíso é a animalidade; é o paraíso que perdemos Chus Pato, Hordas de escritura (Xerais, 2008)  

Onte 1559: Padrón do Blogomillo actual

Grazas á xenerosidade de Xabier Pérez Igrexas (o veterano blogueiro de Contra discurso) e de Pedro Silva (Goretxo, o responsable do blog en galego máis antigo, »de mares, portos e portas», a mais de creador de Blogaliza) xa contamos cun primeiro padrón do Blogomillo actual formando por 72 cabeceiras. Seguindo a iniciativa de Xabier publico […]

Sobre o feminicidio

iiNo artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono arredor do termo «feminicidio». “Feminicidio”, xunto a “refuxiado” e “xihadismo”, foron escollidas polo magnífico Portal das palabras, que a Real Academia Galega e a Fundación Barrié manteñen como espazo didáctico en Internet, como as “Palabras do ano” 2015. Sen dúbida que as persoas que as escolleron […]

Onte 1558: Usuarias das bibliotecas

Celebrouse onte o Día dos usuarios das bibliotecas públicas, unha efeméride que pretende render homenaxe a todos os socios e socias da rede de lectura pública galega, ao tempo que dar a coñecer os seus servizos e actividades. Sen dúbida unha boa iniciativa, xa que moi poucas veces se salienta na nosa axenda política e cultural […]

Poema de hoxe 12: «Que é Galicia?» de Lois Pereiro

A Terra é o principio, e todo existe nela e para ela. Lois Pereiro, poemas 1981/1991 (Positivas, 1992)

Campo do Fragoso CLXXII

MINGUANTE O Celta finaliza a primeira volta en fase minguante. Tres claras derrotas nos últimos tres partidos nos que tampouco conseguiu marcar. A pesar da súa entrega xenerosa e de persistir no empeño táctico de Berizzo, diante do Atlético de Madrid de Simeone foi moi inferior en todos os ámbitos, tanto no táctico coma no […]