Entradas por bretemas

Onte 1617: A despedida de Tricicle

Fomos onte ao García Barbón a gozar de Bits, o espectáculo co que Tricicle se despide dos escenarios tras máis de tres décadas de éxito. Lonxe dos seus mellores traballos, ofrece outra mostra do seu teatro xestual, enfiando situacións diversas co pretexto dunha viaxe por internet. Nun espectáculo de ritmo irregular, sobre todo na primeira media hora, Tricicle […]

Poema de hoxe 80: «Permiso denegado» de Laureano Araujo Cardalda

Quen che deu, meu amor, permiso para tomar posesión desta derrota? Laureano Araujo Cardalda, Os días condenados (Xerais 2014)

Poema de hoxe 79: «Dos días escuros» de Mª Carmen Caramés Gorgal

O primeiro golpe é o que máis doe, o que sinala e debilita, o que marca o epicentro e orixina as fendas. Mª Carmen Caramés Gorgal, Dos días escuros (Xerais, 2015)

Onte 1616: Polo activismo da lectura en galego

Acompañamos onte a Manuel Iglesias Turnes na presentación de Que non te aten na Casa da Cultura de Mazaricos. Como sucedera a pasada semana en Arzúa foron case un cento as persoas participantes nun acto literario excelente que pechou o mónólogo que o veterinario e fotógrafo José Luís Míguez Vázquez preparou sobre o Libro No país […]

Poema de hoxe 78: “18 de marzo de 2003” de Xosé Lois García

Continuamos buscando o suco para ese manancial Xosé Lois García, Kalendas (Xerais, 2005)

Poema de hoxe 77: “Imprescindibles” de X. Antón L. Dobao

Algúns homes recompoñen o tempo con area. X. Antón L. Dobao, Materia (Xerais, 2005)

Onte 1614: Que pretendeu Beiras?

O de Beiras onte no Hórreo foi unha teatralización premeditada ou apenas unha actitude irreflexiva, emocional, froito dunha arroutada? Unha pregunta que non semella doado contestar, xa que o veterano portavoz de AGE conseguiu que a súa proposta académica de que a Xunta de Galicia mercase a empresa do Cunqueiro, que non o Hospital, adquirise unha relevancia que […]

Poema de hoxe 76: “Anónimo marai” de Miguel-Anxo Murado

Mentres me preparaba para o combate, o vento tróuxome a primeira frase dunha fermosa historia. Miguel-Anxo Murado, Lapidario (Xerais, 2004)

Onte 1613: Guidetti solidario

O xornalista Rafa Valero recolleu en Marca a confesión de John Guidetti, o dianteiro sueco do Celta, na que rememora os anos nos que viviu en Kenia. Promotor dunha fundación ao seu nome, cando non cumpriu os vinte e catro anos, o internacional sueco está moi comprometido co proxecto da construción de escolas en Nairobi, mais tamén […]