Entradas por bretemas

Onte 1630: O noso derbi

Na Coruña falei onte con algúns amigos cascarilleiros do noso derbi. Coincidimos na necesidade de superar o modelo de antagonismo visceral daqueles derbis de entre séculos e substituílo por unha exixente competencia deportiva de dous adversarios orgullosos da súa condición de primeiros cadros galegos. Coincidimos, tamén, que non é doado achegarse a este modelo de «derbi vasco», xa que […]

Onte 1629: Activismo literario de Xerais

Foi onte outra intensa xornada de activismo literario de Xerais, no que durante o serán se desenvolveron tres presentacións simultáneas doutras tantas novidades recentes da editorial. Na Numax de Compostela, Fran Alonso e Alba Cid acompañaron a Ismael Ramos na presentación do libro de poemas Os fillos da fame, premio Johán Carballeira do concello de Bueu. […]

Poema de hoxe 92: «Esperanza do inverno» de Helena Villar Janeiro

Follas de inverno para aniñar o amor en primavera. Helena Villar Janeiro, Esperanza do inverno (2016)

Onte 1628: Día da Terra Palestina

Onte foi o Día da Terra Palestina, unha data na que os palestinos de Israel e dos territorios ocupados reivindican os dereitos lexítimos do seu pobo, que continúa sendo sometido a un réxime de Apartheid e de roubo das súas terras (estimada xa nas 800.000 hectáreas) por parte de Israel. Unha efeméride que lembra a […]

Poema de hoxe 91: «Eu belida non dormía» de Pero Anes Solaz

Eu belida non dormía, lelia doura. E meu amigo venía, edoi lelia doura. Pero Anes Solaz, Eu belida non dormía (Século XIII)  

Vigo e Porto viradas de costas

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre o conflito institucional entre as alcaldías de Vigo e Porto. O enfrontamento institucional entre o concello de Vigo e a cámara municipal de Porto constitúe unha anomalía que debería ser superada decontado. A defensa lexítima que os alcaldes Abel Caballero e Rui Moreira fan de […]

Onte 1627: Cajaraville premiado

Participamos onte no xurado da XVIII edición do certame de narración curta Ánxel Fole convocado polo concello de Lugo. Tras case tres meses de lectura, non foi doado escoller entre 62 orixinais, media ducia deles de gran calidade. Despois de moitos falares votamos entre tres obras finalistas resultando gañadora a títulada Once portas, que resultou […]

Poema de hoxe 90: «Libre latitude» de Ignacio Chao

Cítame despois Cando regrese a barcaza Con tempos de esperanza. Ignacio Chao, Corazón de segundas partes (Esquío, 1998)

Poema de hoxe 89: «Sobre as nosas linguas andamos» de Frank Meyer

sobre as nosas linguas andamos Franck Meyer, pêle-mêle fel (Positivas, 2000)

Onte 1626: A corrupción financeira por Camilleri

Dentro do amplísimo catálogo de Andrea Camilleri, ademais das dúas ducias novelas negras protagonizadas polo comisario Montalbano e ambientadas na cidade imaxinaria de Vigàta, publicadas por Salamandra, cómpre non esquecer outras obras non menos interesantes publicadas por Destino na súa veterana colección Áncora y Delfín. Este é o caso de obras mestras da comedia como La […]