Entradas por bretemas

Poema de hoxe 116: «25 de avril» de Sophia de Mello Breyner

Esta é a madrugada que eu esperava O dia inicial inteiro e limpo Onde emergimos da noite e do silêncio E livres habitamos a substância do tempo Sophia de Mello Breyner Andresen, O Nome das Coisas

Onte 1652: Ledicia e melancolía no día do libro

A pesar de que o Día do Libro en Galicia non entrou aínda a formar parte da axenda pública, o de onte foi bastante cumprido para nós. Ao mediodía, de camiño á nosa libraría, atopamos aos membros do equipo do goberno vigués e do seu partido lendo textos literarios nas escaleiras do Marco. Caballero elixiu […]

Poema de hoxe 115: «Neve» de Lucía Novás

«A viaxe irromperá na noite Lucía Novás, Neve (Espiral Maior, 2010)

Onte 1651: «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food» no Café Badía

Visitamos onte o Café Badía, para min o máis xeitoso dos novos cafés literarios do país, para presentar Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, o libro de relatos de Álex Alonso, gañador do premio Ánxel Fole 2015.  Foi unha gozada acompañar a Álex na conversa que mantivo con Marcos Calveiro, o noso xeneroso anfitirión. Comezou […]

Poema de hoxe 114: «A cidade sen roupa ao sol» de Marga do Val

Camiñan as horas pola ponte os seus dedos non tocan a auga que a atravesa. Marga do Val, A cidade sen roupa ao sol (Espiral Maior, 2010)  

A fuga de Marín

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao conflito do porto de Guixar. O anuncio da marcha de Maersk, a empresa armadora dinamarquesa con actividade en todo o mundo, que move máis dun terzo dos contedores do porto de Vigo, da terminal de Guixar a de Marín-Pontevedra pon en evidencia as importantes dificultades […]

Onte 1650: Liquidación de Existencias

Expresei onte as nosas desculpas a Marcos Lorenzo e a Difusora de Artes, Letras e Ideas pola coincidencia de títulos entre a obra que eles publicaron en 2005 como Liquidación de Existencias e a novela de Ramón Caride que publicamos en Xerais en xaneiro. Sei que é de xustiza expresar as nosas desculpas polos prexuízos que esta […]

Poema de hoxe 113: «Sebes contra o vento» de Alfonso Álvarez Cáccamo

Unha onda sutil arrasará un verso náufrago. Alfonso Álvarez Cáccamo, Sebes contra o vento (Espiral Maior, 2009)

Onte 1649: O orgullo de Sergio Álvarez

Escoitar a Sergio Álvarez, o gardarredes do Celta, expresar no programa En xogo o seu orgullo de falar galego é unha beizón. Sergio faino con absoluta naturalidade, sabendo que non é algo extraordinario, asumindo a lingua galega apenas como o seu vehiculo de comunicación cotián, desfacendo asi tantos prexuízos pailáns sobre o uso do noso idioma […]

Poema de hoxe 112: «A agulla» de Branca Novoneyra

Os círculos concéntricos hipnotizados polo son da agulla platino cantan soños sen nome. Branca Novoneyra, Dentro do labirinto (Espiral Maior, 2009)