Entradas por bretemas

Onte 1856: “O Códice esmeralda” de Alberte Blanco, presentación en Verín

Abrimos onte en Verín, coa presentación d´O Códice esmeralda de Alberte Blanco, a tempada de feiras do libro. Moitos visitantes nunha feira de fin de semana que contou cun programa literario con presentacións moi interesantes das novidades de escritores verineses como Xosé Carlos Caneiro, Alberte Blanco e Francisco López Barxas, entre outras. Na presentación, Alberte […]

Onte 1855: “Principio de incerteza” de Pilar Ortega, premio Ánxel Fole

Despois de varios meses de lectura escollemos onte no concello de Lugo, entre 49 orixinais, a obra gañadora do Premio Ánxel Fole de narrativa curta. Tras unha deliberación moi interesante decidimos por maioría ponderada adxudicar o premio á novela titulada Principio de incerteza de Pilar Ortega Pereiro. Unha narración que mestura de forma moi orixinal […]

Onte 1854: “A elegancia do século” de Pura Tejelo

Moita xente, moita, acompañou onte a Pura Tejelo na presentación en Portas Ártabras do seu primeiro libro de poemas, A elegancia do século, premio Johán Carballeira 2016 do concello de Bueu. Tras as cantigas dos Cantareiros do Naval, o poeta Xulio Valcárcel salientou a madurez deste debut poético, todo un canto humanista de esperanza, “onde […]

Onte 1853: Víctor presidente

A elección de Víctor Freixanes como presidente da Academia debería abrir un período de relanzamento da institución de Tabernas. A experiencia de xestión empresarial de Freixanes, a súa capacidade de comunicación e o seu compromiso inquebrantable coa patria da lingua son razóns abondas para confiar nun proxecto que deberá enfrontar retos complexos. O primeiro, asumir a […]

Vigo literario

No día da Reconquista dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a importancia de considerar o Vigo literario como un eixo estratéxico para o Vigo metropolitano: Coincide a festa da Reconquista deste ano coa chegada ás librarías de O Códice esmeralda (Xerais, 2017), a novela de Alberte Blanco arredor da batalla de Rande de […]

Onte 1852: Os versos dun fistor no Liceo de Ourense

Afonso Vázquez Monxardín presentou onte no Liceo de Ourense Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, onde Xesús Alonso Montero escolma a súa produción poética das últimas cinco décadas. Comezou abeizoando ao profesor polo seu labor interesante no seu período como presidente da RAG e lamentou a escasa presenza de autores ourensáns na […]

Onte 1851: “La pazza gioia”

Mágoa de tan enganoso título que a distribuidora española escolleu para La pazza gioia (A tola ledicia), a película de Paolo Virzi sobre as estreitas marxes nas que se moven as persoas que padecen doenza mental grave. As interpretacións memorables das protagonistas, Beatrice (Valeria Bruni Tedeschi), unha ricachona con trastorno bipolar, e Donatella (Micaela Ramazzotti), […]

O valor do apego

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao programa Apego: O anuncio da incorporación do concello de Nigrán e doutros seis municipios (entre eles Ponteareas e Vilagarcía) ao proxecto Apego de fomento da socialización da infancia en galego merece todos os parabéns. Acádase así o número de trinta concellos (con gobernos municipais de […]

Onte 1849: Outro derbi celeste

Tras a clara vitoria de onte, o Celta lidera outra tempada máis o fútbol galego. Un fermoso gol do mago de Moaña, que conseguiu por vez primeira enmudecer Riazor, un estadio que se lle resistía, abondou para decantar un derbi controlado de principio a fin polos xogadores de Eduardo Berizzo. Un tanto que culminaba unha […]