A Ría na UVI

No artigo da semana reflexiono sobre a degradación da Ría de Vigo, por mor da desvastación urbanística da beiramar e polos problemas do saneamento, e sobre a necesidade de que o concello propoña de inmediato unha ubicación para a nova depuradora.

2 comentarios
  1. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    Normas e realidade nos vertidos industriais á rede de saneamento do Concello de Vigo (¡¡¡e de aquí á ría!!!), no post de hoxe de Vigoblog:
    http://vigoblog.blogspot.com/2006/06/
    normas-e-realidade-contaminacin-da-ria.html

    desde Vigoblog levamos tempo informando da grave situación da rede de saneamento de Vigo, como consecuencia da irresponsabilidade dos distintos gobernos municipais, preocupados polo ornato e fuxindo de “enterrar cartos en tuberías”. Preocúpanos especialmente, máis cós vertidos industriais directos á ría -que son os menos-, os que cada día chegan procedentes dos sumidoiros municipais por ausencia da obrigada declaración, autorización e control dos vertidos. Segundo o propio concello só se controlan o 10% das industrias que están enganchadas á rede… é urxente que se regularice XA esta situación e non seguir coa coartada da nova depuradora para non facer nada. De seguir este aspecto sen control, tanto ten unha nova depuradora: os residuos tóxicos procedentes da industrian impiden o normal funcionamento biolóxico da depuradora… como agora.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    caña, caña, decilo e poñerse; é tan triste voltar a Vigo, desde S.F, or exemplo, con bahías tan parecidas e darse conta de verdade de que a ría mçais fermosa acabará fita un pozo negro rodeada de ladrillos.
    os políticos tolean cos cartos, non podemos permitir ese suicidio xeneracional, que egoismo non pensar nos que virán detrás.
    siloam

Los comentarios están desactivados.