Onte 1740: Pulido na encrucillada de Peniche
A instalación da segunda fase da Kermese de Antón Pulido converte a praza de Peniche nun dos espazos máis coloristas de Vigo. Desta volta, a utilización dun fondo branco e a presenza de verdes e amarelos crea un segundo tapiz que dialoga cos vermellos do mural primixenio. Toda a forza da cor de Pulido, cada vez máis materica e compacta, convida ao entusiasmo e a conversa vagorosa nunha praza que até a súa remodelación era apenas unha estrondosa encrucillada. O magnñifico traballo de Pulido, como o de Liqen na rúa Hispanidade, demostra o valor deste tipo de intervencións artísticas na humanización dos entorno urbanos.
Estoy muy orgulloso de gozar de tu amistad. Recibe mi mayor reconocimiento por tu obra.