Onte 990: Preferentistas
No serán de onte vin a enésima manifestación dos preferentistas diante da porta da sede da Caixa en Vigo. Non chegaban a un cento. Berraban e berraban: «Hasta los cojones de estos ladrones», «Si se puede, si se puede…». Faro anuncia esta mañán a disolución das plataformas de Vigo e da Coruña, «ao considerar que a maioría dos afectados recuperaron os seus aforros», así como a preparación das súas mobilizacións de despedida antes da disolución. A loita dos preferentistas estafados por xestores das caixas sen escrúpulos, os mesmos que levaron ás entidades á desfeita, como a loita dos membros das plataformas contra os desafiuzamentos, foi un esforzo que non resultou inútil. A súa resistencia pacífica, teimosa e creativa fronte estes abusos permite enxergar un horizonte de esperanza. Que a maioría recuperasen os seus aforros, ainda que non está pechado o conflito, demostra a utilidade desta resistencia ghandiana.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir