Onte 879: Afouteza e corazón
Non é un detalle sen importancia que nas novas lonas da Tribuna de Balaídos colocadas onte se poida ler «AFOUTEZA CORAZON». A pesar de faltarlle un til (mágoa!), a reprodución a grande tamaño destas dúas palabras claves na gramática do fútbol celeste consolida a liña normalizadora asumida polo Real Club Celta de Vigo. É unha beizón que o emprego da nosa lingua como a vehicular na megafonía do estadio de Balaídos –unha práctica que se remonta a finais dos anos oitenta, ao abeiro do marco creado pola Ordenanza de Normalización Lingüística do concello de Vigo (pioneira e nunca derogada)– fose capaz de contaxiar amodiño novos usos que contan co apoio e simpatía da masa social celeste (vinte mil socios e socias). Así queremos ao noso Celtiña, coidadoso coa formación da súa canteira, afouto, firme e agarimoso na promoción da nosa lingua.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir