As voltas do Plan

No artigo da semana volvo coa cuestión do PXOM vigués. Tal como se desenvolveron os argumentos desta semana, cómpre unha inflexión da posición de todos os grupos. Neste contexto de emerxencia, propoño a constitución dunha mesa permanente dos catro grupos municipais para realizar un seguimento consensuado dos traballos de subsanación das deficiencias. Difícil (pensarán algúns), mais imprescindible, se queremos saír deste atasco endémico.

Etiquetas:
2 comentarios
  1. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    A cousa está difícil. Penso que neste caso o consenso é imposible. As sensacións destes tres anos é que existen intereses directos na concreta forma que o PXOM “resolve” a calificación e usos do chan en zonas concretas. Se non é así, parece inexplicable que en tres anos, con miles de alegacións, con tódolos informes técnicos desfavorables e as advertencias da Consellería (antes con conselleiro do PP, agora con conselleira do PSOE), Figueroa, Corina, Toba e… Daniel Pino, se encastillen e non estean disposto, máis que in extremis (e, como recollo no post que enlazo, tampouco creo que o fagan agora) a modificar ALGO. ¿Coñeces algunha negociación na que ocorra isto tan raro?.
    Neste tema a forza dos feitos me imposibilita honestamente manterme equidistante entre a posición de Mauricio Ruiz e a de Toba/Corina/Figueroa: Mauricio Ruiz, coñece, argumenta, é valiente e o expresa: os outros insultan e nunca nos contan a verdade.

    É imprescindible esquecer todas e cada unha das cousas que sobre o PXOM publicou o Faro de Vigo: son crematisticamente intencionadas.
    A miña opinión sobre o momento actual do PXOM, outra vez en:

    http://vigoblog.blogspot.com/2007/01/non-haber-plan.html

    Saúdos e grazas por seguir introducindo palabras de racionalidade (aínda que moito me temo que en campo ermo) neste debate.

  2. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Hai unha razón que avala a Mauricio Ruiz (a quen Caballero botará): el non ten ningún interés, digamos espurio, en rexeitar o PGOM. Os outros en mantelo, sí. Pero como dixen noutro post as fendas abertas foron tan profundas entre partidarios e detractores, a resolución vese difícil.
    Grazas aos dous, das poucas persoas que estiveron estes anos por unha racionalidade no debate.

Los comentarios están desactivados.