Cultur.gal, domingo 13

Hoxe na derradeira xornada deste primeiro Cultur.gal destacan actividades como a mesa redonda entre ilustradores e editores, a presentación do disco Polo aire de Quempallou, a proxección da longometraxe Miña sarah de Gustavo Ron e o concerto de Marful (ás 21:00 horas), que pechará a feira.
Etiquetas: Culturgal

Cultur.gal, sábado 12 (imaxes e crónicas)








  • “Presentan o primeiro vídeoxogo de acción desenvolvido en Galicia”, La Voz de Galicia.
  • “Traballos de limpar trens”, La Voz de Galicia.
  • “Cultur.gal di adeus cun amplo programada actividades”, La Voz de Galicia.
  • “Un novo escaparate para a cultura galega”, Faro de Vigo.
  • “Concerto de Marful para pechar hoxe o primeiro Cultur.gal”, Galicia hoxe.
  • “A creación é un acto solitario que nada ten que ver cunha feira”, Vieiros.
Etiquetas: Culturgal

Cultur.gal, sábado 12

Entre as actividades do sábado 12 en Cultur.gal destaca a celebración da xornada “A calidade na educación (o modelo finlandés); a presentación do videoxogo ELE (Efecto Ligado á Extinción), de Continental Producións; os concertos de Setesaias e de Concha Buika; os recitais de Antón Lopo e Eva Veiga; a mesa redonda sobre “A adaptación literaria ao cine”.

Outras actividades:
  • Emisión dos programas da Radio Galega “Extrarradio” (11:00-14:00) e “A casa do vagabundo” (14.30-15.00).
  • Presenza dos escritores: Teresa Moure, Fran Alonso, An Alfaya, Marcos Sánchez Calveiro e Carlos G. Meixide.
  • Presentación do disco “Revolution Danze” de GalegoZ.
  • Acción grafitti. Creacións en vivo de Sekone, muralista e ilustrador do colectivo Dios ke te crew.
Etiquetas. Culturgal

Cultur.gal, venres 11 (imaxes e crónicas)

  • “Os editores contarán cunha revista de novidades editoriais”, La Voz de Galicia.
  • “Toda unha vida. A intensa xornada dunha festa cultural”, La Voz de Galicia.
  • “Diversión asegurada en Cultur.gal”, La Voz de Galicia.
  • “Cultur.Gal”, Víctor Freixanes, La Voz de Galicia.
  • “Cultura electrónica”, Galicia hoxe.
  • “O Cultur.gal presenta hoxe un videoxogo de produción 100% galega”, El Correo Gallego.
  • “Paco Macías, editor de Edicións Positivas: ‘O difícil, o peor deste traballo, e dicirlle a unha persoa que non'”, Faro de Vigo.
  • “Na procura dunha industria dinámica para a literatura, a música e o audiovisual”, Vieiros.
  • “Un salón de cultura”, Culturagalega.org.
Etiquetas: Culturgal

Cultur.gal, as primeiras crónicas

Etiquetas: Culturgal

Cultur.gal, venres 11

Entre as actividades da segunda xornada de Cultur.gal destacan o Seminario dobre Comercio Internacional do libro, a presentación do programa MEG (Música en Galicia) promovido por Culturagalega.org, a presentación de Novas de libros (a nova revista de novidades editoriais de todos os membros da AGE) e a emisión en directo do Xabarín Club da TVG.

Outras actividades:

  • Emisións da Radio Galega (17:00-20:00): “As quimbambas”.
  • Presenza de escritores: Jaureguizar, Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, Francisco Xavier Redondo Abal, Agustín Fernández Paz, Eduardo Rolland e Héctor Carré.
  • Documentais: A casa de Lola de Andrés, Cousas de Kulechov, Contactos, Vilaboa: mirando á Meca, Tecendo o fío da memoria, Mundo Bazar, Longo sendeiro de pedra, Danza na terra, Paralelo, Estiven en Galicia e lembreime de ti, Dez olladas, Ecos e La línea.
  • Presentación do disco Engado, música de Xosé Lois Romero para Nova Galega de Danza (Falcatruada).
  • Concerto de Malvela.
  • Proxección do vídeo documental María Mariño de Manuel Forcadela.
Etiquetas: Culturgal

Cultur.gal, xoves 10

Entre as actividades de mañá xoves en Cultur.gal destaca a celebración, a partir das 17,30 horas da xornada “I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet” que analizará o momento actual da web e pretende axudar aos creadores e profesionais do mundo da cultura a detectar oportunidades de difusión e de creación nun momento decisivo para a expansión da cultura e da lingua galegas en Internet. A iniciativa é froito da colaboración entre o Consello da Cultura Galega, a través do seu portal culturagalega.org, o programa “+Internet + Galego +Futuro” da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte.

Outras actividades:

  • Inauguración de Quico Cadaval (12:00).
  • Emisións da Radio Galega (15:00-17:00): “Diario cultural” e “Aberto por reformas”.
  • Presenza de escritores: Suso de Toro, Fina Casalderrey, María Reimóndez e Miguel Anxo Murado.
  • Presentación da exposición “Palabras contadas” de Camilo Franco.
  • Presentación de Misturados, disco en directo de Cristina Pato + Mutenrohi (Zouma Records).
  • Documentais: How soon is now?, de Alfonso de la Puente e Soños dende o abismo, de Sandra Sánchez Cachaza.
  • Longametraxes: De profundis, de Miguelanxo Prado e O bosque de levas, de Antón Dobao, adaptación da novela homónima de Alfonso Álvarez Cáccamo.
  • Espectáculo (21:00): Pezas escénicas de Mofa e Befa.
Etiquetas: Culturgal

Cultur.gal, a instalación

Promete o primeiro Cultur.gal. Estivemos boa parte do día traballando nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra que eran un bulebule de xente ultimando os preparativos dos stands e da instalación das exposicións. Xa non hai dúbida que tanto polo número de expositores (énchese todo o espazo dispoñible dunha nave enorme), como polo completísimo e diverso programa de actividades paralelas para todas as idades e intereses, como pola calidade no arranxo dos espazos que este é o máis importante evento expositivo da historia da edición galega moderna. Sen dúbida que haberá moitas cousas que mellorar, mais este primeiro Cultur.gal vai supoñer un punto sen retorno para a visibilidade e autoestima do noso sector cultural. Convido a achegarse a Pontevedra (hai un magnífico programa para nenas e nenos) esta fin de semana. Penso que vai pagar a pena.

Etiquetas: Cultur.gal