Home sen nome: presentación en Compostela
/en Narrativa, Presentacións, Xerais/por bretemas Magnífica foi a primeira das presentacións de Home sen nome. Encarna Otero, nunha intervención moi emocionante e poderosa na que analizou os momentos máis significativos da obra, agradeceu ao autor que esta novela estivese dedicada ás irmáns Fandiño e que contribúa a “reconciliarnos coa Compostela humillada e represaliada, coa Compostela esquecida, recuperando os nomes, a vida e a dignidade daqueles perdedores, que non vencidos”.
Suso de Toro expresou que para el este libro é “a hora da verdade, de poñer a proba a literatura, de comprobar a capacidade que ten unha literatura social de reformular un estado de conciencia que ten moito que ver co pasado”. “Sempre defendín a dignidade da escrita literaria, de quen conta historias, como oficio. Mais tamén creo que é un camiño de coñecemento, que procura ver a realidade cos ollos abertos, comprender o mundo e a vida. Sempre defendín o coñecemento a través da dor, o saber tráxico. Para min a literatura é alegría verdadeira cando nace da asunción da dor e a morte. A literatura é un instrumento de curación, pode aliviarnos de moitas feridas”.
Con respecto á cuestión da memoria, Suso de Toro expresou con rotundidade o deber que as xeracións actuais teñen de facerse adultas, de averiguar e vivir en liberdade. Asumir, como fixeron os alemáns, que cómpre estar alerta para non repetir as cousas terribles que fixeron os nosos antepasados. Nunca máis o que fixeron de cruel os nosos pais e os nosos avós”.
O autor definiu a novela como metafísica (porque “intento escribir sobre o sentido último da vida”, relixiosa “na medida que propón unha viaxe aos infernos, ao pasado, ao país dos mortos”. “Non sei se chamarlle novela a obra. Aquí non hai a voz do narrador. Aquí hai xente que fala. Ten historia persoal e colectiva, ten lenda e mito, emprega materiais de teatro e de guión cinematográfico.” Rematou expresando o seu desexo de que este libro “fose lido como un novo don Xoán que devora mortes, agardo o veredito dos lectores, que me poñan nota”.
Hoxe continuaremos as presentacións en Vigo e mañá na Coruña.
Quedamos moi agradecidos pola crónica do acto que hoxe publicou Couselo.
Tender pontes
/en Política, Vigo/por bretemasPara min é moi significativo o protagonismo que nas mobilizacións están tendo os obreiros mozos das contratas (amosando o seu descontento con petardadas estrondosas e argallando os saltos cos celulares, o que entoleceu un pouco máis á policía), os fillos e case netos das xeracións que protagonizaron as loitas do setenta e dous e da posterior reconversión naval. A pouco que se escarve nesas feridas, e hoxe a policía comezou a escaravellar, a folga pode quedar fóra do control dos sindicatos e estenderse a outros sectores.
Con máis dunha ducia de detidos en comisaría e un bo número de contusionados nos sanatorios dificilmente pode abrirse un vieiro para unha negociación serena dun convenio e dun conflito que vai moito máis alá da reivindicación salarial e que, pola contra, amosa o malestar xeracional cun sistema de produción industrial baseado na temporalidade e na flexibilización das conquistas realizadas polos obreiros nos últimos trinta anos.
Mañá o Conselleiro de Traballo debería vir de mañanciña a Vigo e reunirse coas partes para tender pontes e arrefriar os ánimos. É o mínimo que pode facer un goberno progresista.
Volve Eiroa
/en Medios/por bretemasPremios AELG 2005
/en Premios/por bretemasValorando as cuestións de protocolo, foi un acto conducido de forma elegante e áxil por Mercedes Queixas e Césareo Sánchez (beizóns para eles dous e para o resto dos organizadores), semelloume incomprensible que non houbese presenza ningunha dos responsables da actual Consellaría de Cultura. Acaso está importante Cea das letras, o encontro anual promovido pola asociación de escritores e escritoras galegos máis numerosa do e representativa do país, non merecía un oco na axenda dalgún dos seus responsables?
Folga no metal
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Política, Vigo/por bretemasFesta da cultura
/en Efemérides, Festas/por bretemasAmo a España
/en Vídeos/por bretemasAnunciamos os xurados
/en Premios, Xerais/por bretemasManuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.