Solidariedade con Fernán Vello
/en Edición, Editores, Política/por bretemasAínda que entendo desafortunado o título e o antetítulo desta información, paréceme inadmisible que un concelleiro recrimine en público o lexítimo exercicio da liberdade de expresión dun editor cando presenta un dos seus libros. Cónstame que Fernán Vello expresou as súas opinións (que poden ou non ser compartidas) coa elegancia e a diplomacia que sempre caracteriza a súa actuación. Incidentes como o descrito por Galicia hoxe prodúcennos vergonza, moito máis aínda cando son protagonizados por políticos nacionalistas. Son compatibles semellantes actitudes deste candidato á alcaldía compostelana coa política de rexeneración democrática que pretende encabezar o BNG desde o Goberno Galego?
Expreso a miña solidariedade con Miguel Anxo Fernán Vello, gran editor galego.
Expreso a miña solidariedade con Miguel Anxo Fernán Vello, gran editor galego.
Actualización (08-10-2006): Néstor Rego publica hoxe unha importante aclaración sobre os termos do incidente.
Actualización (09-10-2006): Miguel Anxo Fernán Vello publica hoxe un artigo moi clarificador onde explica os termos e o contexto do incidente.
Etiquetas: FernánVello
Celta Mortensen
/en Celta de Vigo, Cine/por bretemasOs responsables de mercadotecnia do Celta están de noraboa, aínda que non é a primeira vez que Viggo Mortensen veste unha camiseta dun equipo de fútbol. Pois iso, nestes días Viggo = 100% Celta.
Etiquetas: ViggoMortensen, Celta, Fútbol
Aventuras da Superbibliotecaria
/en Bibliotecas, Vídeos/por bretemasNestes días nos que estamos ultimando o programa do Simposio sobre “Bibliotecas, Lectura e Edición“, o que me permite falar con moitos bibliotecarios e bibliotecarias para convidalos a participar, non está mal botar unhas risas coas aventuras desta Superbibliotecaria.
Vía Ana Bande.
Etiquetas: Bibliotecas
A cultura catalana, Frankfurt 2007
/en Cultura, Eventos/por bretemasO éxito da cultura catalana, que será centro do Frankfurt 2007, debe ser o noso espello estratéxico de proxección internacional da industria da edición galega. Moito teremos que madurar para poder conseguilo nós no futuro.
Etiquetas: Frankfurt2007, Culturacatalana
Entrevista a Carmen Balcells
/en Edición, Entrevistas/por bretemasUn bo amigo, que nestes días anda en viaxe, fíxome chegar a que di ser a segunda entrevista que lle fixeron a Carmen Balcells. Apabullante a grande señora. Recomendo a lectura vivamente.
Etiquetas: Balcells, Entrevistas
Grupo Blogs e Libros
/en Blogs, Literacidade/por bretemasJuan preparou un novo wiqui para realizar as achegas sobre o esquema acordado no Encontro Blogs e Libros. Ábrese así un espazo de traballo colaborativo aberto a todos os que queiran facer as súas achegas. Eis un modelo de escritura en rede.
Vídeo sobre o Encontro. Grazas, Pablo!
Vídeo sobre o Encontro. Grazas, Pablo!
IIIº Simposio "O Libro e a Lectura"
/en Bibliotecas, Edición, Eventos/por bretemasDespois do éxito do pasado ano, estamos ultimando o programa do que será o IIIº Simposio “O Libro e a Lectura” (16 e 17 de novembro de 2006), organizado en Compostela pola AGE en colaboración con CEDRO e a sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega.
O encontro de 2006, aberto a estudantes e todo tipo de profesionais relacionados co sector do libro e da edición, xirará arredor do lema “Bibliotecas, Lectura e Edición“. Están previstas varias conferencias e mesas redondas sobre a situación bibliotecaria e a lei do libro, a lectura no marco da Reforma Educativa, as bibliotecas escolares e a Reforma Educativa, Bibliotecas e Lectura, Bibliotecas e Novas Tecnoloxías, o canon bibliotecario e a presentación de diversas experiencias de animación bibliotecaria. Axiña anunciaremos o programa definitvo e o nome dos participantes.
O encontro de 2006, aberto a estudantes e todo tipo de profesionais relacionados co sector do libro e da edición, xirará arredor do lema “Bibliotecas, Lectura e Edición“. Están previstas varias conferencias e mesas redondas sobre a situación bibliotecaria e a lei do libro, a lectura no marco da Reforma Educativa, as bibliotecas escolares e a Reforma Educativa, Bibliotecas e Lectura, Bibliotecas e Novas Tecnoloxías, o canon bibliotecario e a presentación de diversas experiencias de animación bibliotecaria. Axiña anunciaremos o programa definitvo e o nome dos participantes.
Etiquetas: AGE, Bibliotecas
Tres segundos de memoria
/en Narrativa, Novidades, Xerais/por bretemasHoxe chegaron da imprenta os dez primeiros exemplares.
A vindeira semana estará nas librarías.
A vindeira semana estará nas librarías.
Etiquetas: Ameixeiras, PremioXerais, Narrativa
Unha ración de cebolas
/en Autores/por bretemasDemoledor e lucidísimo o artigo de Suso de Toro, hoxe en El Pais, sobre “a nosa enfermiza relación co pasado”. Non hai dúbida, como afirma Suso no texto, de que “cando o camiño da escrita literaria vai ata o límite provoca dor, sobre todo a quen escribe”.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.