Plog
/en Blogs/por bretemasOs mellores carteis de 2006
/en Imaxes, Publicidade/por bretemas
No Máster de Edición falamos moito de publicidade e cartelería, Mágoa que daquela non coñecésemos este espazo onde se recollen os mellores traballos de cartelaría de Cannes 2006. A análise dalgunhas destas pezas daría para un bo debate.Letras en movemento
/en Imaxes, Lectura/por bretemas
No blog do libreiro venezolano Roger Michelena atópanse imaxes ben fermosas sobre o mundo do libro, a lectura e a tipografía. Eis algunhas das máis recentes.
Pobres festas
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Festas, Vigo/por bretemasBlogs e fomento da lectura
/en Blogs, Lectura/por bretemas
A revista electrónica Dosdoce.com publica un traballo de Javier Celaya sobre o papel dos blogs no fomento da lectura e a súa aplicación educativa. O estado da cuestión e as experiencias máis salientables. Moi recomendable.
Ler dende o berce
/en Lectura, Literatura infantil e xuvenil/por bretemas
Vía Libreros atopo este interesante artigo sobre o inicio do proceso lector. A afirmación máis rotunda do texto é que “os oito meses de vida é o momento no que cómpre iniciar ao bebé na familiarización do libro como obxecto”. Semella que nesta idade, cando o neno ou a nena xa pode sentar e coller o libro coas súas mans, é a do inicio do complexo proceso pre-lector. Precisamente, asumindo este criterio, Kalandraka editou o primeiro libro en tea en galego e a colección “Do berce á lúa“, títulos moi axeitados para estes pre-lectores.
A comunicación na promoción do libro
/en Edición/por bretemasA remuda de Senín
/en Cultura/por bretemas
Comparto a opinión de Jaureguizar: a remuda de Xavier Senín é outra mala noticia para o sector do libro en Galicia. É inevitable a sensación de decepción, que compartimos moitos editores, bibliotecarios ou libreiros galegos, cando comprobamos como se prescinde dun técnico da súa enorme valía e experiencia, por riba nun momento decisivo para situar o fomento da lectura como eixo transversal das nosas políticas culturais.
Nestas case dúas décadas á fronte da Subdirección Xeral de Cultura, Xavier Senín, dende a súa difícil posición de técnico independente, fixo máis polo libro galego, especialmente polo libro infantil e xuvenil, ca ningunha outra persoa que eu coñeza. Exemplo ben significativo dese traballo feito con excelencia é a recentemente aprobada Lei do Libro e o Plan da Lectura nas que participou con moita coraxe. Xavier ben merece as nosas beizóns.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.












