A remuda de Senín

Comparto a opinión de Jaureguizar: a remuda de Xavier Senín é outra mala noticia para o sector do libro en Galicia. É inevitable a sensación de decepción, que compartimos moitos editores, bibliotecarios ou libreiros galegos, cando comprobamos como se prescinde dun técnico da súa enorme valía e experiencia, por riba nun momento decisivo para situar o fomento da lectura como eixo transversal das nosas políticas culturais.

Nestas case dúas décadas á fronte da Subdirección Xeral de Cultura, Xavier Senín, dende a súa difícil posición de técnico independente, fixo máis polo libro galego, especialmente polo libro infantil e xuvenil, ca ningunha outra persoa que eu coñeza. Exemplo ben significativo dese traballo feito con excelencia é a recentemente aprobada Lei do Libro e o Plan da Lectura nas que participou con moita coraxe. Xavier ben merece as nosas beizóns.

Etiquetas:
1 comentario
  1. Xosé Antón Pedreira Mirás
    Xosé Antón Pedreira Mirás Dice:

    comparto contigo todo o que dis de Xabier e ainda quedas corto, eu como libreiro e como persoa tiven a sorte de coñecer a Senin. Animo!!!! Xabier.

Los comentarios están desactivados.