Vigo segundo Powerboat 1

Segundo leo na web dos organizadores da proba do Campionato do Mundo de Powerboat P1, que se celebrará en Vigo o vindeiro fin de semana, os idiomas que se falan en Vigo son o “Español” e o “Inglés ampliamente”. Mais esta parvada non é a única, xa que no texto de presentación de “Vigo Spain” (que recomenda a web institucional do concello nun banner), a única vez que se cita a palabra “Galicia” é para denominala “provincia”. Estas dúas boas meteduras de zoca –(como outras cuestionables recomendacións turísticas que se realizan para os visitantes, sexa dos museos ou dos restaurantes), que negan de cheo a existencia do idioma galego e reduce Galicia a unha mera provincia- non terían maior importancia (xa estamos afeitos a encaixar estas negacións da nosa identidade con humor), se non fose polo apoio entusiasta que a realización da proba lle proporciona a Tenencia de Alcaldía do concello vigués. Ben estaría que, polo menos, soubésemos cánto nos vai a custar ao peto de todos os vigueses esta competición organizada polo famoso produtor Mario Ubiaga! Incomprensible e anoxante que pretendan embobarnos con tanto glamour de tres pesetas!

8 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    E de supoñer k o do barner e un erro,probablemente do “informatico” k o escribeu.
    O “interné” non está moi vixiado, e hai esas meteduras de pata
    A.Coruñes

  2. Marcos Andion
    Marcos Andion Dice:

    O que habería que facer é unha competición entre pilotos de planeadoras, como pode ser “O Felo”, do clan dos “Mulos”, e estes chikilicuatres “parvenues” do circo das “powerboat”.
    Seria un xeito de “reinsertar” ós que agora se adican ó transporte de “fariña”, e “visualizar” verdadeiras carreiras polas rías entre as lanchas do SVA e as planeadoras. Custaría moito menos diñeiro e daríase saída a profesionais do narcotráfico.
    A espectación despertada pola planeadora varada e incendiada en A Lanzada podería dar unha idea da popularidade dun evento tal.
    P.D.: A idea non está rexistrada; ofrezoa gratis por se o Ubiaga non anda moi fino desta.

  3. BIKO DE PORCO
    BIKO DE PORCO Dice:

    CUANTA ENVIDIA…PUES OJALA MARIO SIGA HACIENTO ESTE TIPO DE EVENTOS…PUES VOSOTROS ESTAIS A AÑOS LUZ DE LA CAPACIDAD Q EL POSEE Y CLARO Q NUNCA LO LOGRARIAIS. MARIO SIGUE ASI!! ERES EL MEJOR…QUIEN MEJOR Q TU VA TRAER UN POCO DE GLAMOUR A VIGO.HAY UN AMBIENTE ESTUPENDO.
    BIKO DE PORCO JAJAJA

  4. AGOSTO 2003
    AGOSTO 2003 Dice:

    ACABO DE RECIBIR UNA NOTICIA…HOY ES UNO DE LOS DIAS MAS TRISTES DE MI VIDA…….CREO QUE SE ACABO EL PEOR SERA EN AGOSTO 2009, AHORA SOLO QUEDA ESPERAR EL MILAGRO PARA Q NO SUCEDA, NUNCA PIERDO LA ESPERANZA……….NUNCA ME FUI…TENGO TECLAS PERO NO TENGO PALABRAS MAS Q PARA DECIR TQ….

  5. biko de porco
    biko de porco Dice:

    Quiza el problema era que nadie pudo domarme a mi, puede que algunas mujeres no sean domables, que necesiten galopar libremente hasta que encuentren a alguien tan salvaje como ellas que las acompañe….me gustaria que me contestases a esto: ahora eres feliz?

Los comentarios están desactivados.