Poema de hoxe 11: Haiku de Xabier DoCampo
Artigos
Onte 1541: «Libro do mal amor» do IES Laxeiro
/0 Comentarios/en Artes Visuais, Autores, Iniciativas, Novidades, Onte, Poesía, Recurso_didáctico /por bretemasCando visitei o IES Laxeiro de Lalín, Gracia Santorum agasalloume un exemplar do Libro do mal amor. Haikus contra a violencia de xénero. Unha auténtico alfaia, tanto pola calidade da edición como pola experiencia didáctica que supón, onde alumnado e profesorado do centro abordaron un labor colaborativo no que reflexionan sobre a violencia e o machismo utilizando os recursos expresivos da poesía e da ilustración. Traballo artístico ao que se sumaron máis de corenta escritores e escritoras que crearon cadanseu haiku denunciando o feminicidio. Máis alá da valiosa achega artística, tanto dos textos como da ilustración, este libro testemuña o interese dun enfoque didáctico transversal e interdisciplinar que aborda co alumnado de secundaria o ADN do machismo, onde xermola o mal amor, eses comportamentos de posesión que constitúen expresión do modelo de amor romántico tan nocivo. Parabéns por tan modélico traballo a Gracia Santorum, promotora da experiencia, como á comunidade educativa, que dirixe Uxío Grande. Orgullo de ensino público galego!

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Conservar Alfageme23 de Febreiro de 2021 - 3:38 p.m.
Onte 2125: «Dicionario irreal para un país imposible» de Xavier Seoane16 de Febreiro de 2021 - 7:49 p.m.
Nogueira, escultor de Vigo16 de Febreiro de 2021 - 9:26 a.m.
Onte 2124: «Cobiza», a novela de ciencia ficción de Reimóndez15 de Febreiro de 2021 - 5:16 p.m.
Onte 2123: O peso da lix no sistema editorial galego9 de Febreiro de 2021 - 9:38 p.m.