Saudar a vida

Estes días puxemos nas librarías dúas novas entregas da nosa colección de Ensaio: Saudar a vida de Xavier Seoane e Disidencia ferida de Xabier Alcalde. Dous títulos, que entendo valiosos, de senllos ensaístas de altura que abordan, o primeiro, unha defensa doas humanidades na actual sociedade do coñecemento e, o segundo, unha forma de resistencia fiolosófica fronte tanto pensamento feble que nos invade.
Seoane con esta terceira entrega (despois dos volumes dedicados á arte da lectura e á defensa da poesía) continúa o seu proxecto magno proxecto de revisión ensaística dos problemas da cultura contemporánea (ten case concluída a cuarta entrega e en marcha o volume sobre as artes que pecharía unha obra moi ambiciosa).
Pola súa parte, Xabier Alcalde, a quen coñeciamos como narrador, presenta un texto escrito con espírito lírico e inusitada profundidade filosófica sobre a resistencia en tempos de banalización.
Cremos que esta nova colección de Ensaio, xa acada os dezaseis títulos, constitúe, a pesar da súa tirada modesta, outro dos eixos do noso proxecto literario. Presentaremos estas dúas novas entregas ao longo das vindeiras semanas.

2 comentarios
  1. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    Fronte tanto pensamento feble que nos invade…
    Mamadou Kane: 10 anos despois

    Disculpa pola intromisión, pero a contemporaneidade está chea de desmemoria, a pareceunos oportuno lembrar aquel 16 de marzo de 1997 en que Mamadou foi “paseado” polos montes de Vigo.

Los comentarios están desactivados.