Primeiro concurso mundial de pés de foto con libros

Esta paréceme unha idea fermosa para comezar un Ano do Libro e a Lectura (que en Galicia non se ve, aínda por ningures): a aventura de escribir un libro sobre os libros de forma compartida.

As fotografías son do mexicano Álvaro Alejandro e a iniciativa está promovida por Artes de México e polos nosos amigos de A leer México /IBBY (que promoven, tamén, un concurso sobre contos de fútbol, outra idea a emular).

2 comentarios
  1. Costas
    Costas Dice:

    Cunqueiro tivo durante moitísimos anos unha sección na contraportada do Faro que se chamaba “Pie de foto”. Eran iso, comentarios que el inventaba co pretexto dunha foto, parecían haikus en prosa, unha marabilla. Hai tanto de Cunqueiro afundido nas páxinas do Faro entre os anos 60 e 80 que dá rabia non poder gozar daquela prosa tan deliciosa, disparatada e retranqueira. Era só iso.

  2. Lizgairo
    Lizgairo Dice:

    Acredito. Os textos de cunqueiro eran unha maravilla. É mágoa que non se recollan en libro. Ademáis tiveron de ser feitos, depresa e con total inmediatez, seguro. Mais non todos , que eu lembre, eran mínimos , tal haiku: algúns eran ben abondosos.Créranme Costas e Bragado que eu mercaba o Faro, para ler ese pés, e o artigo da ultima folla El envés(este sí , recolleito en libro, se ben penso que non na totalidade)?. En cambio, non lembro o título Pie de foto .clausser

Los comentarios están desactivados.