Poema de hoxe 33: «A candeloria» de Luís Amado Carballo

Na catedral do abrente

hoxe casan os paxaros,

con nubes de neve e ouro

está o ceo galanado

Luís Amado Carballo, Proel (1924)

1 comentario
  1. ramón gallego
    ramón gallego Dice:

    A Candeloria

    Polo mes de antroido na Candeloria
    nas aves abrolla a primavera
    endiante ningunha voa soa.
    A romaxe da Candeloria
    que aluma o camiño das almas
    dos mortos e sabedoira.
    Á xente na Candeloria
    fervelle a gorxa co viño novo
    as larpeiradas do porco agoira.
    No ronsel da Candeloria
    festa da luz, da fertilidade
    pula nas arelas amadoiras.
    En febreiro pola Candeloria
    casan os paxariños
    e foxen da gaiola.
    Mulleres e homes na Candeloria
    a recoller madeira…prá fogueira
    a paixón nos corpos reborda.
    Freguesías e concellos na Candeloria
    os santos da igrexa envexan
    a sorte das candeas paseadoiras.
    Crentes e pagáns bailan na Candeloria
    no entanto lacón, botelo
    chourizo, grelo
    enchen o bandullo arestora.
    Nos tempos da Candeloria
    saraibadas, chuvieiras, borrallas
    malia a metade do inverno fica fora.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará