Onte 261: En Muxía con López Abente

Viaxei a Muxía con Ramón Nicolás para participarmos na presentación d’ A narrativa mariña de Gonzalo López Abente que preparou Suso Sambade. O acto celebrouse nas instalacións da magnífica Biblioteca Municipal, un edificio cedido por Santiago Rey Fernández Latorre. É modélico o traballo dos membros da Fundación Gonzalo López Abente para poñer en valor e redimensionar a obra do primeiro escritor muxián, sempre fiel ao espírito das Irmandades da Fala. Rivadulla Corcón anunciou na súa intervención os proxectos da Fundación para celebrar en 2013 o 50 aniversario do pasamento do autor de Buserana, entre os que destacan a edición dunha unidade didáctica e a publicación da Poesía Completa por parte de Edicións Espiral Maior. Pola súa banda Sambade salientou a importancia da prosa de López Abente escrita para dignificar a lingua, as xentes e a paisaxe. Excelente serán literario.

4 comentarios

Trackbacks y pingbacks

  1. […] ao título A narrativa mariña,  que xa circula entre nós logo tras unha multitudinaria e garimosa presentación que se realizou na fermosa biblioteca municipal de Muxía hai xusto unha semana, e […]

  2. […] Manuel Bragado, director de Xerais, en Brétemas como Ramón Nicolás no seu blog, Caderno da crítica, realizan unha crónica da presentación en […]

  3. […] aquí a ligazón a dúas completas crónicas  -a de Manuel Bragado e mais a de Miro Villar-  ás que eu teño ben pouco que engadir, e  que recollen acaidamente o […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará