Onte 232: Dark butterfly

Librouro quedou moi pequena para acoller a performance de presentación de Dark butterfly, a novela de Rexina Vega. Unha intervención artística magnífica de seis mulleres (Begoña Outeiro, Paz Raña, Lucía Riveiros Vázquez, Iolanda Zúñiga, Rosa Enríquez e a propia narradora), que conforman comunidade no Facebook galego, para visibilizar unha obra tan pavorosa como heroica. O documental de Manuel Forcadela achegounos a ese territorio da fraxilidade, unha experiencia humana dolorosa, onde as palabras teñen un papel curativo. Dark butterfly mestura fíos de vida con referencias literarias nun exercicio de escrita catártico, case terapéutico. Unha expresión das posibilidades da literatura como forma de coñecemento, mais tamén como denuncia da estigmatización que a sociedade actual realiza desta enfermidade, a esquizofrenia, sexa nas institucións psiquiátricas ou nas terapias farmacolóxicas. Unha novela que supón a confirmación literaria dunha autora afouta capaz de explorar as caras agochdas da condición humana.

4 comentarios

Trackbacks y pingbacks

  1. […] Bragado, director de Xerais, comentou en Brétemas a presentación en Lugo de O misterioso Dr. Saa, libro que publicou Xerais, subtitulado A historia […]

  2. […] Bragado, director de Xerais, comenta en Brétemas a chegada da imprenta da Poesía completa de Valentín Paz Andrade e a importancia que ten a […]

  3. […] Bragado, director de Xerais, comentou en Brétemas os actos de presentación de transmuta, de Xabier Cordal, e Iria, de Anxo Angueira. […]

  4. […] Bragado, director de Xerais, comentou en Brétemas o acto de presentación de Dark butterfly, de Rexina Vega. […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará