Onte 224: Sangría demográfica

Somos apenas 2.778.913. A perda de poboación de Galicia, a maior de todas as Comunidades Autónomas, é o síntoma máis evidente da catástrofe política, económica e social que vivimos. Galicia desángrase demograficamente, agora tamén nas provincias atlánticas, mesmo a pesar do lixeiro aumento da poboación estranxeira, que supón apenas o 4% da cidadanía nosa. Diminúe a poboación, aumenta a emigración da mocidade, o desemprego acada os niveis máximos da historia…, un cadro estatístico que amosa a derrota de Galicia, o fracaso do proxecto colectivo de construción nacional. Fachendeará o presidente Feijoo, a volta da súa viaxe mexicana, sobre este novo éxito das políticas redutivas, tamén no eido demográfico? Que futuro podemos enxergar por este vieiro?

3 comentarios

Trackbacks y pingbacks

  1. […] nun 10,4% con respecto ao trimestre anterior, unha porcentaxe superior á media estatal. Galicia desángrase demograficamente, perde as súas institucións financeiras, acada o maior número de desempregados da súa historia, […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará