Onte 221: Máis tesouradas en educación

As medidas educativas anunciadas polo ministro Wert están dirixidas máis a aforrar recursos (3.000 millóns de euros/ano) ca en mellorar a eficiencia do sistema educativo e reducir as taxas de fracaso escolar, só superadas por Portugal e Grecia. Non coñecemos sistema educativo ningún ca mellorase a súa calidade aumentando a ratio profesor/alumno nin empeorando as condicións de traballo do seu persoal docente. Sabemos que politicamente é moi doado zouparlle ao funcionariado docente como xa non podemos acreditar tampouco nas promesas de que estas tesoiradas afecten menos a Galicia, á que estatisticamente corresponderían preto dos 180 millóns euros, unha auténtica catástrofe para un sistema educativo moi disperso xeograficamente e con taxas aínda elevadas de fracaso. Ben sería que os responsables da consellaría de Cultura e Educación anunciasen a cantidade do retallazo que corresponde a Galicia, ao tempo que a xustificasen cos estudos que avalan a reorganización prevista para os cadros de persoal e a rede de centros. Non esquezamos que a educación é social e economicamente un sector estratéxico moi sensible no que cada sociedade aposta polo seu futuro e pola súa convivencia.

2 comentarios
  1. Daniel Varela
    Daniel Varela Dice:

    Por favor. Penso que hai temas hoxe que comentar incluso máis importantes ca este. Por exemplo a dimisión de Conde Roa, alcalde de Santiago, pola súa incompetencia política. Este alcalde tomou estrañas medidas, eu vou a salientar duas: O emprego de poder para manifestar os seus gustos humorísticos ao prohibir a entrada do paiaso Leo Bassi no Teatro Principal ao non ser do seu agrado; E a súa repentina non participación do gran certame pola normalización lingüística “Correlingua” prohibindo a andaina típica en auxe do idioma por Santiago (iniciativa influida básicamente por Galicia bilingüe). Por certo onte entregáronse os diplomas aos premiados no centro escolar Rosalía de Castro en Santiago nunha gala por entes destacables, deixoles este link para coñecer mellor a gala.
    http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/212

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará