Participamos onte na mesa redonda que sobre «A literatura infantil de onte a hoxe. Fortalezas e debilidades» se celebrou no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Foi unha fortuna debater con Paz Castro, Romina Bal, Eulalia Agrelo, David Pintor e Xavier Senín sobre o momento de tránsito e incerteza que vive o sector do libro infantil. Chamoume moito a atención o elevado nivel de participación do público e o seu interese polo proceso de hibridación e os criterios que utilizamos os editores á hora de decidir as publicacións das diferentes obras. Tirei como conclusións principais a necesidade de traballar por unha maior comunicación entre os diversos sectores e pola posta en marcha dun proceso que leve á redacción dun plan estratéxico para conxunto do sector do libro, asumido polos poderes públicos (que non poden renunciar a súa responsabilidade no fomento da lectura) e por editores, creadores e mediadores.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é editor e mestre. Na actualidade, profesor do CEIP Lope de Vega de Vigo, foi Director Xeral de Edicións Xerais de Galicia S.A., dende o mes de xaneiro de 1994 ao de abril de 2018, empresa na que traballou dende 1990.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir