Lobos de mentira

Hoxe iniciamos unha campaña de animación á lectura en centros de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria. Lobos de mentira de Manuel Lourenzo conta a historia de dúas espilidas ovelliñas que descobren estar enganadas polo badoco e troleiro pegureiro que as coida. Están previstas máis dun centenar de representacións nos vindeiros meses.
Actualización (6-2-2007): El Pais faise eco da iniciativa.

1 comentario
  1. torredebabel
    torredebabel Dice:

    Ogallá chegue o día de ter unha campaña de animación á lectura na diáspora. Sería dunha importancia maiuscula, non só para a lectura senón para a autoestima e identidade dos galegos (os emigrados e os seus fillos e netos). Apertas!

Los comentarios están desactivados.