
Estes días sorprendeunos ler que
Google pretende crear a súa enciclopedia web (bautizada como “
Knol“, contración de “unidade de coñecemento”) coa intención de desbancar á
Wikipedia.

O mestre
Juan Varela clarifica a
estratexia do Google futuro: “
Knol, el nuevo proyecto de enciclopedia en internet, es el último paso de Google para dejar de ser el Gran Buscador y convertirse en el
gran medio con la receta mágica de esta era: tecnología, publicidad y contenidos.” Recomendo ler completa as dúas anotacións de Juan, son fulcrais para identificar as tendencias polas que pode transitar a
web e a edición de contidos nos vindeiros anos. Un
tema importante a seguir.
Eu o que vexo nesta proposta de Google e noutras é que agora as definicións de “verdade”, “obxectividade” e mesmo “realidade” dependen dos nosos votos. O que leve máis, será máis verdadeiro.
Velaí o camiño do futuro.