Hai «bestsellers» en galego?

Velaí a reportaxe que publica hoxe Vieiros sobre os «bestsellers» en galego. Outra volta cada un dos editores consultados debatemos sobre os conceptos de «bestsellers» e «longsellers» ou de edicón literaria ou de produtos de lecturasobre o teón de fondo da necesidade de ampliar as dimensión do noso mercado editorial. Hoxe a aposta de todos é chegar co libro en galego a novos lectores e lectoras, obxectivo que obriga a arriscarse ensaiando temáticas e xéneros até agora pouco frecuentados pola nosa edición.

En todo caso, os éxitos de vendas dos que falamos os editores son unha fachenda para todo o sector e, sobre todo, para a sociedade de lectores e lectoras en galego que os protagoniza. Anotacións coma esta son verdadeiras inxeccións de optimismo para o sector do libro en galego, inmerso no seu conxunto nunha certa melancolía.

1 comentario
  1. beatriz
    beatriz Dice:

    Disque non sabemos o que temos até que o perdemos. Pero conservalo está nas nosas mans, nas de tod@s; e, aínda que soe a utopía, xunt@s podemos. Non importa se hai que nadar contra corrente (xa sabedes a que me refiro)…

    Admirábel, o labor que levan a cabo os nosos editores.

    Saúde!

Los comentarios están desactivados.