Mound
Mound by Allison Schulnik from garaco taco on Vimeo.
Para celebrar estes días de Samaín.
Vía Trafegando Ronseis.
Mound by Allison Schulnik from garaco taco on Vimeo.
Para celebrar estes días de Samaín.
Vía Trafegando Ronseis.
Despois de asistir como convidado á convención de Cultura do BNG (magnífica intervención de Teresa Moure), integreime no VIII Encontro Galego de Ilustración organizado por AGPI. Antes de participar con Manuel Gago no debate sobre a convivencia cos medios dixitais, tiven a oportunidade de escoitar a interesantísima conversa entre Xabier DoCampo e Xosé Cobas sobre o seu proceso de creación conxunta. Dous autores, un dende a escrita, outro dende a ilustración, que asumen o reto de ofrecer nos seus libros unha creación única dende dúas linguaxes complementarias. Cobas e DoCampo abordan un proceso de diálogo creativo aberto cuxos límites quedan establecidos só polos formatos editoriais. Admirable e sorprendente. Bolboretas, A decisón de Valerio, O libro das viaxes imaxinarias, O misterio das badaladas son algúns dos froitos recentes e moi logrados desta extraordinaria experiencia creativa conxunta da que non coñecemos moitos precedentes no entorno da literatura infantil e xuvenil en España. Unha parella de feito (no ámbito creativo) que merece para o editor todas as súas beizóns.
Cando coñecín a noticia veume a cabeza decontado o sorriso de Suso Jares, alguén para quen estas serían unhas horas de esperanza. O anuncio de ETA do cese definitivo da súa actividade armada abre unha oportunidade para construír a convivencia no País Vasco dende a cultura de paz. Eis o grande reto que deben saber xestionar con prudencia e afouteza o goberno tras as eleccións do 20-N como todos os partidos vascos, xa sen excepcións de clase ningunha. Esta é a hora da cultura da paz, este é o momento do protagonismo do diálogo e da mediación como accións transversais capaces de chegar a todos os espazos da sociedade de Euskalherría, con especial incidencia aos educativos, institucionais e, sobre todo, aos políticos. No entanto sabemos que non vai ser doada nin a reparación da dor das vítimas nin o proceso político que leve á disolución da organización terrorista, cuestións que en Irlanda custaron máis dunha década de esforzos ser superadas. Nin tampouco o será a necesaria reconciliación, baseada na construción dun relato común sobre o acontecido nestas décadas, de xeito que atenda á memoria das vítimas e sexa capaz de erradicar tanto sufrimento encistado en moitas familias vascas. Como non será doado superar as interferencias provocadas pola intolerancia dos sectores (sabemos que minoritarios, mais influíntes) produtores de odio, incapaces de asumir as consecuencias da irreversibilidade deste proceso. Este é, como acuñou Suso Jares, o momento de construír a paz dende a cultura da paz.
Celebramos coa familia a ledicia do 50 aniversario de Eduardo. O meu irmán atravesa, coma fixeramos nós hai menos de dous anos, ese medio do camiño da vida, esa fronteira que nos axuda a comprender a nosa irremediable finitude. Para o meu Eduardo, e para todos e todas que formamos parte da xeración Polycomander, vai esta peza (9:51) de agasallo para percorrer o Vigo da nosa infancia. Filmada por un cineasta afeccionado, probablemente recuperada en vídeo, aquí está o Vigo da furgoneta de papá (PO-25018), os Siboney co seu punto a piques de subir Urzaiz, a porta do Sol onde traballaba mamá, os rusos do avó Beleiro camiño do Alto da Encarnación, o skyline da Laxe, a estatua do pescador na Ribeira, o tinglado general de empaque, as faenas do Berbés, as pescantinas e as carrexonas, O Castro, o Pirulí, a Guía, Praia Azul, a Estación Marítima e os seus adeuses e unha longa secuencia da batalla de flores por Policaro Sanz. Unha marabilla para a nosa memoria.
Grazas a Xancarayas por subir á rede tan interesante peza.
Interesantísima entrevista [en español] co filósofo Zygmunt Bauman arredor dos conceptos de realidade e modernidade líquida.
Vía Manolo Area.
The Alphabet 2 from n9ve on Vimeo.
Un alfabeto de Alessandro Novelli (en helvética) animado, precioso. Pagan a pena eses dous minutos e medio.
Do mesmo autor, eis a primeira versión. tamén magnífica.
Vía Librosfera.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).